Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Mónica Valderrama
Vicerreitora
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e Premio Extraordinario de Doutoramento, é profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14).
Conta con múltiples publicacións científicas, monográficos, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais e conferencias. Directora de tres teses doutorais e preto dun centenar de proxectos fin de carreira e grao, realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún), PUC-Minas Gerais (Brasil), Colima (México), Lumsa e Campobasso (Italia), Wroclaw (Polonia) e Zadar (Croacia). Obtivo sexenio de investigación en 2016. Ademais, ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita.
Desempeñou varios cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Máster de Dirección de Arte Publicitaria.
Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt e imparte diferentes materias de títulos vencellados a comunicación e en produción publicitaria en medios audiovisuais. É membro do grupo de investigación CP2 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Organización
- Ana Soler Baena
Directora da Área de Imaxe
+34 986 813 411
dirimaxe@uvigo.gal - Fernando Ramallo Fernández
Director da Área de Normalización Lingüística
+34 986 818 608
diranl@uvigo.gal
- Alicia López Pedreira
TS Relacións Institucionais
+34 986 818 744
tecnica.rrii@uvigo.gal - María Calle Sierra
Secretaría
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal
Competencias
- As referidas á identidade corporativa da universidade e á xestión da comunicación interna e externa.
- As relacións, en representación do reitor, coas institucións, organismos e empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de convenios e protocolos relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- As relacionadas coa comunicación nos ámbitos da orientación e fomento do emprego e das iniciativas empresariais.
- As relacionadas con empresas e institucións, incluída a sinatura de convenios de colaboración en todas as materias obxecto desta delegación.
- As relativas á política lingüística.
- As relacionadas co patrimonio inmaterial.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal