Consello Social

O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia. Tamén vela pola mellora da calidade na educación superior universitaria e procura obter os recursos precisos para garantir a suficiencia económica e financeira.

O Consello Social da Universidade de Vigo foi constituído o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.

Membros

Ernesto_pedrosa_silva

Ernesto Pedrosa Silva
Presidente

Foi nomeado o 1 de setembro de 2011, sendo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo.

Pertence ao Consello Social dende o 24 de novembro de 2003, designado pola Orde do 19 de novembro. Desde o 14 de xullo de 2004 foi vicepresidente, durante a presidencia de Emilio Atrio Abad.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en exercicio dende o ano 1984 e Letrado Asesor Xurídico de importantes empresas con sede social na provincia de Pontevedra.

O Secretario do Consello é Ignacio Rodríguez Iglesias.

As persoas elixidas polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo son as seguintes:

  • Manuel Joaquín Reigosa Roger
  • Miguel Ángel Michinel Álvarez
  • Raquel María Souto García
  • José María Martín Moreno
  • Xoán Manuel Cebro Rodríguez
  • Óscar Moldes Pita

 

Outros membros ordenados por ámbito de procedencia:

  • Jesús Graña Nogueiras
  • M.ª Elvira Larriba Leira
  • Xosé Manuel Atanes Limia
  • Francisco Javier Casares Mouriño
  • Mercedes Castro Mouzo
  • Natalia Zunzunegui Garrido

  • Daniel Barata Quintans
  • Francisco Gustavo Izquierdo Martínez
  • César Blanco Gómez
  • Ana Isabel Vázquez Reboredo
  • Marta Iglesias Bueno
  • José Manuel Figueroa Vila

  • Xulio Calviño Rodríguez
  • María del Carmen Fouces Díaz
  • Yolanda López Fernández

  • Emilio Fernández Zunzunegui
  • M.ª Elena Añel Cabanelas
  • Manuel González Piñeiro

  • Javier Garrido Valenzuela
  • José Manuel Pérez Canal
  • Juan Manuel Piñeiro Rivas
  • Jorge Cebreiros Arce

 

  • Antonio Macho Senra

 

Funcións

A misión do Consello é velar pola satisfacción das expectativas e necesidades da sociedade por parte da universidade. Como órgano de goberno, colabora na definición da planificación estratéxica, desenvolve funcións de control e de supervisión das actividades de carácter económico e do rendemento dos servizos buscando a mellora continua dos mesmos e promovendo as políticas de calidade. 

  • Aprobarase o orzamento anual e a programación plurianual da universidade tras o informe do Consello de Goberno.
  • Aprobaranse as contas anuais da universidade e das sociedades nas que teña presenza maioritaria, podendo encargar a realización de auditorías externas.
  • Aprobarase a disposición sobre bens inmobles e mobles da universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público.
  • Supervisarase o rendemento e a calidade dos servizos universitarios.
  • Promoverase a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da universidade e a captación de recursos económicos externos.
  • Impulsaranse as actuacións que propicien un maior achegamento dos estudantes ás demandas do mercado laboral.
  • Favoreceranse as actividades orientadas a completar a formación integral dos estudantes e aprobar as normas que regulen o progreso e permanencia dos alumnos na universidade.
  • Promoveranse as bases da política de bolsas, axudas e créditos para o estudo e a investigación.
  • Propoñerase á Xunta de Galicia a creación, a implantación ou a supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.
  • Fixaranse os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola Universidade.
  • Realizaranse os estudos sobre a adecuación da oferta de titulacións e dos plans de estudos sobre o rendemento académico do alumnado e sobre a inserción laboral dos titulados.

 

 

Ir ao Consello Social

 

Edificio Miralles
Campus universitario
36310 Vigo
986 81 26 63
secoso@uvigo.es