piragüismo en Pontevedra UVigo

Deporte en Pontevedra

This content is currently not available in English

Se che interesa o deporte, no pavillón universitario do campus de Pontevedra tes onde escoller

Podes practicar os teus deportes favoritos na pista polideportiva do pavillón universitario ou poñerte en forma na nosa sala cardio-fitness. O aluguer da pista é gratuíto para a comunidade universitaria durante todo o horario de apertura da instalación.
O acceso á sala é moi doado co Abono Muver que proporciona ademais acceso gratuíto ás actividades dirixidas que tamén se realizan no pavillón: pilates, crosstraining e ciclismo en sala, sen custo adicional e previa reserva da praza.
 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPUS

 

Actividade física, deporte para todas e todos, programas de lecer, augaventura, actividades na natureza, rutas culturais, competicións (internas, interuniversitarias, federadas…) son parte principal das actuacións programadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.
 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CAMPUS


A través da web campusactivo.uvigo.gal poderedes xestionar os seguintes servizos:

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.es
+34 986 801 949