Culture in Pontevedra
Film projections, poetic recitals, art exhibitions, talks, colloquiums and gatherings, conferences, extension courses or workshops
Todo isto configura parte da ampla oferta cultural promovida no campus de Pontevedra, tanto para os integrantes da comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral. Precisamente, na procura da proximidade cos cidadáns, a meirande parte destas actividades teñen lugar na Sala de Conferencias da Casa das Campás e na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, a sala de exposicións situada na Facultade de Belas Artes.
Ademais de espectador, tamén podes ser protagonista desta ampla actividade cultural. Para iso podes promover a organización de actividades e eventos culturais ou fomar parte do coro do campus de Pontevedra.
O campus de Pontevedra conta cunha ampla oferta cultural anual organizada en actividades fixas e eventos:
Actividades fixas
Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949
Eventos
- Contos de inverno
Este ciclo de contacontos para o público adulto ten como propósito pór en valor a narración oral como parte do patrimonio inmaterial galego, como unha práctica que xogou un papel crucial na transmisión de tradicións, mitos ou lendas.
O ciclo busca tamén resaltar o uso da lingua e a comunicación oral, que coas novas tecnoloxías e a globalización está empezando a perderse, á vez que se insire tamén na aposta pola cultura como un dos piares do proxecto de especialización Campus CREA.
- Música para reCREAr
Este ciclo busca promover diferentes liñas musicais a partir das propostas interpretativas de diversos artistas e grupos de Galicia. Ao longo dos distintos concertos que o integran, inclúense intervencións musicais asentadas no jazz, nas liñas máis clásicas, no folk, no rock... Nel participan tanto solistas e agrupacións xa consolidadas como outras emerxentes para darlles resposta aos gustos variados do público destinatario e darlle un impulso xenérico a este sector.
- Días das Letras Galegas
Acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, no que figuras destacadas do eido literario participan dando conferencias, integrando mesas redondas, recitando textos… Ademais complétase con interpretación musicais da man da Aula permanente de Mmsica tradicional, do Coro do campus de Pontevedra ou doutras agrupacións ou solistas.
- Día de Rosalía de Castro
A conmemoración do Día de Rosalía de Castro lévase a cabo coa organización de conferencias, mesas redondas… integradas por figuras destacadas da literatura, da música, da poesía, etc.
A música, coa interpretación da Alborada para Rosalía como peza clave, forma tamén un elemento esencial desta celebración, que adoita contar coa participación de músicos e músicas da contorna.
- Concertos nas prazas de Pontevedra
Ciclo de actuacións da Aula Permanente de Música Tradicional Galega nas prazas de Pontevedra promovido en colaboración co Concello de Pontevedra. Os concertos terán lugar nas tardes dos luns ao longo do mes de xuño.
Máis información:
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal