Matrícula mestrados
Inicio de estudos: preinscrición e matrícula
Segundo prazo de preinscrición: do 23 ao 28 de agosto de 2024
(Para o Mestrado en profesorado o prazo será do 1 ao 30 de xuño de 2024)
Precisas axuda para preinscribirte?
Admisión de estudantado estranxeiro en estudos de mestrado ou doutoramento
Se precisas solicitar un visado ou algunha documentación para estudar na Universidade de Vigo durante o curso 2024/2025, podes solicitar unha carta de admisión en estudos de mestrado ou de doutoramento. O prazo para solicitala estará aberto ata o 20 de xuño de 2024. Unha vez realizada a solicitude, recibirás unha resposta nun prazo máximo de 10 días.
Os requisitos, a documentación e o procedemento para realizar esta solicitude estarán dispoñibles nesta ligazón.
En calquera caso, debes realizar igualmente a solicitude de preinscrición dentro dos prazos establecidos.
De seguido podes consultar as datas dos distintos prazos de preinscrición e de matrícula nos estudos de mestrado:
Mestrado universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas
Prazo de preinscrición: do 1 ao 30 de xuño de 2024
Os requisitos de acceso deberán cumprirse antes da finalización do prazo de preinscrición.
Excepcionalmente e debido ao adianto do seu calendario de preinscrición, poderás solicitar a admisión neste mestrado se achegas a certificación de que vas defender ou defendeches o teu TFG, entregas a certificación de ter superado o teu TFG no período de reclamación á listaxe provisional (entre o 19 e o 21 de xullo), e sempre que o autorice a comisión académica do mestrado e que existan prazas vacantes na listaxe provisional.
Neste enlace podes comprobar as especialidades ás que da acceso cada titulación:
Poderás consultar as listaxes de admisión a través da túa secretaría virtual ou na seguinte ligazón.
O estudantado admitido para iniciar estudos de mestrado na Universidade de Vigo, deberá facer os trámites de matrícula na seguinte ligazón:
Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, atoparás toda a información que precisas na Guía práctica para estudantes de novo acceso a estudos de posgrao.
Continuación de estudos
Se continuas estudos na Universidade de Vigo, deberás facer os trámites a través da secretaría:
Prazo: do 23 de agosto ao 8 de setembro de 2024
Sobre o proceso de matrícula
Para formalizar a matrícula nun mestrado hai diferentes fases:
- Preinscrición (vía telemática) nos prazos establecidos no calendario
- Matrícula
No caso de quedaren prazas vacantes, abrirase un novo prazo.
Podes consultar a convocatoria de matrícula, no menú da dereita, para ver os diferentes procedementos en detalle.
Tipos de matrícula
Existen diferentes tipos de matrícula. Os detalles de cada unha delas deberás consultalos cada ano na correspondente convocatoria de matrícula, pero xeralmente son:
- Matrícula ordinaria
- A tempo completo
- A tempo parcial
- Estudantado de programas interuniversitarios
- Estudantado estranxeiro de programas de intercambio
- Cota de estudantado con discapacidade
Se es estudante estranxeiro/a, atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo na Guía para o estudantado estranxeiro (en español).
Documentación e páxinas de consulta asociadas aos procedementos
- Oferta de mestrados da Universidade de Vigo
- Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros (web do MEFP)
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal