Intensive course
This content is currently not available in English
É un programa deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ofrecéndolles un espazo axeitado para o intercambio de coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, favorecendo un estilo de vida activo e saudable.
Información básica
A quen vai dirixido o ciclo intensivo?
O ciclo intensivo está dirixido a todas as persoas maiores de 55 anos que teñan o tempo suficiente para o estudo e a integración nas diversas actividades con desexos de achegar a súa experiencia, así como de participar na vida académica, sen necesidade de titulación previa.
No caso de que as prazas ofrecidas non quedasen cubertas, poderanse admitir estudantes con idades inferiores aos 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.
Horario
As clases e sesións de traballo do ciclo intensivo do Programa para maiores desenvolveranse polo serán, preferentemente dous ou tres días á semana, de luns a venres.
Prazas para o ciclo intensivo
As convocatorias anuais de matrícula establecerán o número máximo e mínimo de novos e novas estudantes que poderán ser admitidos no programa en cada un dos campus. Actualmente son 50 prazas.
Créditos e materias
O ciclo intensivo ten unha carga académica de 54 créditos ECTS, distribuídos en materias de 3 créditos ECTS e en actividades complementarias de 1,5 créditos ECTS. O estudantado poderá cursar un máximo de 18 créditos por curso académico, distribuídos en dous cuadrimestres dun máximo de 9 créditos cada un deles.
As materias estarán encamiñadas á divulgación de diferentes temas científico-culturais, facilitando a análise e a reflexión sobre aspectos relacionados con eles mesmos e outras persoas; o contorno natural, social, cultural e científico; a evolución e as achegas da humanidade; a sociedade e a cultura actual e futura. Tamén terán como obxectivo, no seu conxunto, iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no ciclo integrado.
As actividades complementarias, cunha carga académica de 1,5 créditos ECTS, correspondentes a 45 horas de dedicación efectiva total do estudantado, están orientadas a afondar nalgúns temas concretos das ensinanzas; a proporcionar formación práctica sobre aspectos concretos a través de obradoiros; a facilitar as relacións interpersoais, interxeracionais e interculturais; e a promover o acceso a actividades culturais e recreativas.
Por outro lado, o alumnado poderá validar ata un máximo de 1,5 créditos ECTS por curso académico por participar en actividades obxecto de recoñecemento recollidas no regulamento aprobado no Consello de Goberno do 12 de febreiro de 2014, sempre que se desenvolvan durante o período de estudos do ciclo intensivo. Cada 30 horas de dedicación total do alumnado a estas actividades computará como 1 crédito ECTS.
En ningún caso os créditos cursados no ciclo integrado poderán computarse ou validarse como créditos do ciclo intensivo.
Materias e horarios do ciclo intensivo en Ourense
Horarios
- Campus de Ourense: Intensivo 1.º curso | Intensivo 2.º curso | Intensivo 3.º curso
Materias
- A importancia da saúde
- A Unión Europea
- Ciencia, tecnoloxía e cultura
- Comer con ciencia
- Comunicación corporal
- Comunicación e habilidades sociais
- Dereito básico
- Dieta galega e saúde
- Diversidade paisaxística e cultural
- Fundamentos de meteoroloxía
- Fundamentos de meteoroloxía I
- Grandes problemas ambientais no noso tempo
- Inglés I
- Inglés II
- Iniciación ás formas musicais
- Intelixencia emocional
- Internet: compartir informacióne imaxes na rede
- Microorganismos e saúde humana
- Ofimática avanzada
- Sexualidade e afectividade
- Taller de arqueoloxía
- Taller de literatura
Materias e horarios do ciclo intensivo en Pontevedra
Horarios
- Campus de Pontevedra: 1º. cuadrimestre | 2.º cuadrimestre
Materias
- A nosa cidade e as súas cousas
- Ciencia política, cidadanía e gobernanza
- Claves para entender a publicidade I
- Claves para entender a publicidade II
- Dereito I
- Dereito II
- Europa: significado, historia e cultura
- Europa: significado, historia e cultura (non presencial)
- Expresión musical: música e movemento
- Filosofar nun mundo global: cuestionar as opinións comúns
- Filosofía da ciencia e da tecnoloxía
- Grandes problemas ambientais do noso tempo
- Grandes retos éticos para o século XXI
- Historia da arte
- Historia da arte contemporánea
- Historia da arte galega
- Inglés I
- Inglés II
- Inglés III
- Introdución á ecoloxía evolutiva
- Introdución á informática
- Introdución á informática I
- Introdución á informática II
- Introdución á nosa historia I
- Introdución á nosa historia II
- Introdución ao pensamento filosófico contemporáneo
- Introdución ás relacións públicas e á comunicación corporativa
- Obradoiro de expresión musical
- Obradoiro de expresión gráfica
- Obradoiro de historia e de estética do cine
- Obradoiro de marcha nórdica I
- Obradoiro de marcha nórdica II
- Xadrez I
- Xadrez II
Calendario, materias e horarios do ciclo intensivo en Vigo
Horarios
- Campus de Vigo: 1.º cuadrimestre | 2.º cuadrimestre
Materias
- Aproximación á lingua da comunidade xorda española
- Cultura galega
- Historia da ciencia, da tecnoloxía e da cultura II
- Historia da química
- Inglés I
- Inglés II
- Inglés III
- Introdución á mitoloxía e á épica xermánicas
- Linguaxe musical e educación auditiva I
- Linguaxe musical e educación auditiva II
- Matemáticas recreativas
- Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha
- Olladas sobre a literatura galega
- Pensamento racional científico
- Psicoloxía na idade adulta I
- Psicoloxía na idade adulta II
- Servizos e aplicacións de Internet
- Taller de física básica e de astronomía recreativa
- Taller de socioloxía: temas de actualidade
- Tecnoloxía do noso entorno
- Xeografía de Galicia: paisaxes naturais e humanas
Título
Unha vez superados os 54 créditos ECTS dos que se compón o ciclo intensivo, outorgarase a correspondente acreditación mediante un título propio de «universitario ou universitaria sénior».
Tes a decisión tomada?
Para máis información sobre o Programa universitario de maiores, podes contactar con:
- Campus de Ourense asc-ou@uvigo.es
988 387 102 - Campus de Pontevedra maiores.pontevedra@uvigo.es
986 801 909 - Campus de Vigo extension@uvigo.es
986 813 626