Plan de igualdade

Temos un compromiso coa sociedade: somos motor de cambio e modelo de referencia para unha igualdade real entre homes e mulleres

Para cumprir con este compromiso e traballar na mellora continua, creamos o II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2016/2019), o instrumento político para a continuación das políticas de igualdade de xénero, un plan cuadrienal, participativo e dinámico.

Este plan está axustado á realidade, pois aínda que poida parecer ambicioso, é factible e está deseñado para acadar os obxectivos propostos. Así mesmo, é un plan integrador que pretende incidir positivamente en toda a comunidade universtaria, conciliando intereses, creando entornos de relacións máis igualitarios e aspirando tamén á igualdade entre as diferentes expresións de diversidade sexual. 
 
Por suposto, é transversal, xa que as accións propostas alcanzan todos os nosos órganos, estruturas e servizos, así como as persoas que os ocupan ou os dirixen co obxectivo de naturalizar o principio de igualdade de xénero en todas as fases da actividade universitaria para acadar a excelencia.

Se queres ler o plan completo, podes descargalo máis abaixo

II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016-2019 [PDF]830.76 KB Informe de avaliación do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2012-2014 [PDF]1.35 MB Informe de datos da composición de mulleres e homes da Universidade de Vigo 2009-2014 [PDF]787.37 KB I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2012-2014 [PDF]13.06 MB Informe de diagnose da igualdade na Universidade de Vigo e as súas autoras [PDF]3.34 MB