A reitoría

O reitor ou reitora é a máxima autoridade académica da Universidade e ostenta a súa representación

O reitor ou reitora exerce a dirección e o impulso, o goberno, a coordinación e a supervisión da actividade e do funcionamento da Universidade, desenvolvendo as liñas de actuación aprobadas polo Claustro Universitario e o Consello de Goberno e executando os seus acordos. 

A persoa reitora da Universidade de Vigo é elixida mediante elección directa e sufraxio universal, de entre as persoas funcionarias en activo do corpo de catedráticas e catedráticos da Universidade que presten servizos nela. O voto para a elixir a reitora ou o reitor será ponderado polos distintos sectores da comunidade universitaria. O procedemento para a súa elección, duración de mandato e os supostos de substitución veñen marcados polos estatutos da Universidade. 

Para o desenvolvemento destas funcións conta co apoio dun equipo de goberno formado por sete vicerreitorías, unha secretaría xeral e unha xerencia.


 

Os contidos desta páxina xestiónaos