University Orientation Day

Para amosar a súa oferta académica, a Universidade de Vigo organiza o vindeiro 5 de febreiro de 2025 a Xornada de Orientación Universitaria, entre as 10.00 e as 13.00 h, dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior. 

Ao longo desta xornada, o alumnado participante poderá visitar as mesas informativas dos centros universitarios, delegacións de alumnado e servizos para recibir detalles sobre a súa oferta académica e vida universitaria. Tamén poderán asistir ás charlas xerais.

Programa

Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Charlas informativas de carácter xeral (oferta de titulacións nos tres campus, servizos e instalacións da Universidade de Vigo):

10.00-10.30h

10.40-11.10h

11.30-12.00h

12.10-12.40h

Pavillón polideportivo Campus Vigo. 10.00-13.00 h. Visita dos postos informativos:

  • Postos dos centros da UVigo
    Información dos diferentes estudos ofertados na Universidade de Vigo.
  • Delegacións e asociacións estudantís
    Atención e asesoramento sobre temas concretos da universidade e da vida universitaria. 
  • Servizos da Universidade de Vigo
    Información de deportes, voluntariado e cooperación, residencias universitarias, cultura e ocio...

    A Xornada contará con actuación musical, bebida, agasallos e moito máis.

Formulario de inscrición

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal