Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Características

Campus: Vigo
Tipo: Undergraduate program
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 50
Número de cursos: 4
Código:
V09G311V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordination of the degree

María Araújo Fernández

Descrición

O grado en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos ten por obxectivo proporcionar a formación e as competencias necesarias para o exercicio da profesión regulada de enxeñaría técnica en minas. Son tres as tecnoloxías que se ofertan: “Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos”, “Explotación de Minas” e “Mineralurxia e Metalurxia”.
O grao afonda na formación relativa á investigación e explotación dos recursos mineiros (rocas e minerais, espazos subterráneos, augas…). Ademais, proporciona a formación axeitada no ámbito correspondente á transformación e uso destes recursos na industria: produción e uso de materiais metálicos, aceiros, polímeros e compostos.
Todas estas actividades deben ser realizadas polo futuro profesional de forma segura, rendible e compatible co medioambiente, o que xustifica que o plan de estudos contemple materias de carácter transversal de economía e empresas, seguridade e prevención de riscos e medioambiente.

- Xestión de recursos e protección do medioambiente
- Xeración, transformación e transporte de enerxía: centrais térmicas e hidráulicas, ciclos combinados, centrais nucleares, enerxía eólica, enerxía solar, enerxía xeotérmica e outras enerxías
- Explosivos, demolición e obra civil, extracción de materias primas, plantas de tratamento, reciclaxe
- Metalurxia, materiais tradicionais (aceiros, metais, materiais de construción) e novos materiais
- Explotación, prospección e explotación de recursos xeolóxicos e minerais: combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas), minerais, rocas, auga, espazos subterráneos

Interese por estudos de enxeñaría multidisciplinar relacionados con recursos mineiros, enerxéticos e materiais no marco da sustentabilidade.