Bolsas da Fundación SEPI - Programa de iniciación na empresa
A Fundación SEPI, FSP convoca o Programa de iniciación na empresa 2023/2 coa finalidade de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas mozas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional.
Características das bolsas:
- A duración das bolsas é inicialmente de 6 meses con posibilidade de ampliación.
- A contía de cada bolsa será de 885€/mes para as persoas beneficiarias con titulación universitaria e de 800€/mes, para as persoas beneficiarias con título de ciclo superior de formación profesional.
Requisitos:
- Ter concluído, no momento de realizar a entrevista persoal, os estudos necesarios para a obtención dun título universitario oficial ou superior de formación profesional, apto para desempeñar as tarefas de acordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa (Consultar as titulacións apta para cada praza na web da fundación).
- Os estudos deben ter concluído no 1 de xaneiro de 2021 ou posteriormente.
- A data de nacemento debe ser a partir do 1 de novembro de 1993
- Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
- Non ser beneficiario/a dalgún programa de bolsas da FUNDACIÓN SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.
Información e solicitudes:
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de setembro de 2023.
Máis información aquí.