Honoris causa

A Universidade de Vigo pode conceder o grao de doutor honoris causa ás persoas físicas que destaquen no eido da investigación e da docencia, no cultivo das artes e das letras, ou ben naqueloutras actividades con repercusión notoria e importante dende o punto de vista tecnolóxico e social en Galicia e no mundo en xeral.

Francisco Fernández del Riego - Honoris Causa

 

Investidura: 15/05/92; Madriña: Prof. Dra. M.ª Victoria Carballo-Calero Ramos

Francisco Fernández del Riego (Villanueva de Lorenzana, Lugo, 7 de xaneiro de 1913 - Vigo, 26 de novembro de 2010) foi un escritor, intelectual e político español que desenvolveu un traballo constante e recoñecido a favor da cultura galega, o que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.

 

Investidura: 12/11/93; Padriño: Prof. Dr. Pedro Merino Gómez

Xavier Karcher (Hauts-de-Seine, Francia, 7 de marzo de 1932 - 13 de outubro de 2009). Foi un enxeñeiro que fixo a súa carreira no seo do grupo Peugeot-Citröen, onde ocupou varios postos, entre eles director xeral dende 1979 ata 1988 e vicepresidente dende 1988 ata o seu retiro, en 1997. Foi presidente do Consello Nacional de Enxeñeiros e Científicos de Francia, así como membro da Academia Nacional das Tecnoloxías de Francia.​​

Investidura:17/03/95; Madriña: Prof. Dra. Maria do Carmo Henríquez Salido

Eugenio Coseriu (Mihaileni, Rumanía, agora Moldavia, 28 de xullo de 1921 - Tubinga, Alemania, 7 de setembro de 2002) foi un lingüista especializado en Filología Románica, recoñecido polas súas contribucións á teoría e á historia da lingüística. Foi vicepresidente da Sociedade Internacional de Lingüística Románica e unha das máximas figuras da filoloxía do século XX.

Investidura: 28/03/96; Padriño: Prof. Dr. Luis Rodríguez Ennes

Gregorio Peces-Barba Martínez (Madrid, 13 de xaneiro de 1938 - Oviedo, 24 de xullo de 2012) foi un político, xurista e catedrático español de Filosofía do Dereito. Foi un dos sete pais da actual Constitución Española e presidente do Congreso de los Diputados dende 1982 ata 1986. A partir desta data regresa á vida académica e centra os seus esforzos na creación da Universidade Carlos III.

Investidura: 31/05/96; Madriña: Prof. Dra. Camino Noia Campos

Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 - Pontevedra, 13 de setembro de 1996) foi un escritor, investigador e crítico español en lingua galega e castelá. Foi unha persoa de profunda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa, é un personaxe fundamental no transcorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega.

Investidura: 19/06/96; Padriño: Prof. Dr. Javier Rodríguez Berrocal

Francisco José Ayala Pereda (Madrid, España; 12 de marzo de 1934) é un biólogo español, nacionalizado estadounidense, especialista en Biología Evolutiva. Pertence á segunda xeración dos representantes máis ilustres do neodarwinismo. Recoñecido polos seus estudos sobre o reloxo molecular, así como, sobre todo, pola súas investigacións sobre a reproducción dos axentes do mal de Chagas e da malaria.

Investidura: 09/07/97; Padriño: Prof. Dr. Mariano J. Pérez Martínez-Perez Amor

Pierre-Gilles de Gennes (París, Francia; 24 de outubro de 1932 - Orsay, Francia, 23 de maio de 2007) foi un físico francés, gañador do Premio Nobel de Física en 1991 por "o descubrimento e desenvolvemento de métodos avanzados para estudar os fenómenos simples dos materiais, para crear formas máis complexas de materia, en particular, cristais líquidos e polímeros". Traballou en material granular e na natureza dos obxectos na memoria no cerebro.

Investidura: 9/11/97; Padriño: Prof. Dr. Manuel Pérez Donsión

Victoriano Reinoso y Reino (Negreira, A Coruña,  9 de xullo de 1948 - A Coruña, 13 de maio de 2002) foi un empresario de prestixio que ocupou a presidencia da compañía Unión Fenosa dende o 23 de marzo de 2002, despois de trinta anos traballando alí. Nese tempo contribuíu ao fortalecemiento patrimonial e financeiro da empresa e, posteriormente, á súa entrada en novos sectores, como as telecomunicacións, a consultoría e o negocio do gas natural.

Investidura: 16/12/97; Padriño: Prof. Dr. Camilo Prado Freire

Jaume Gil Aluja (Reus, 25 de setembro de 1936) é un catedrático da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Barcelona (UB). É experto en Lóxica Borrosa, que a define como a forma ideal de tratar a predicción e o futuro. Traballou durante 35 anos na teoría dos conxuntos borrosos e dende 1983 realiza investigacións destinadas á súa utilización na economía e á xestión de empresas.

Investidura: 28/01/99; Padriño: Prof. Dr. Ramón Carmelo Hermida Domínguez

Anibal Ramón Figueiras Vidal (Vigo,   ) é académico da Real Academia de Ingeniería (RAI) e experto en intelixencia artificial. A súa docencia e investigación oriéntanse cara ás comunicacións dixitais, o tratamento dixital da información e a aprendizaxe máquina, con aplicacións en transmisión, axuda á decisión, minería de datos e información, e xestión de información en organizacións e de contidos en redes de telecomunicacións, e actuacións baixo o concepto de “smart society”.​​​​

Investidura: 30/04/99; Padriño: Prof. Dr. Manuel Fernández Areal

Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1915 - Vigo, 25 de abril de 2012) foi un ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo, así como cofundador da Editorial Galaxia dende onde animou os traballos de socioloxía, economía e estudos de organización local, aportando unha visión novedosa sobre a economía social. Participou nos grandes momentos do galeguismo político e cultural do século XXI e foi un dos pioneiros na aplicación da perspectiva económica á acción galeguista

Investidura: 10/05/99; Madriña: Prof. Dra. África González Fernández

César Milstein (Bahía Blanca, 8 de outubro de 1927 - Cambridge, 24 de marzo de 2002) foi un bioquímico arxentino nacionalizado británico, gañador do Premio Nobel de Medicina en 1984, outorgado polas súas investigacións sobre o sistema inmunitario e o descubrimento do principio da produción dos anticorpos monoclonales, que hoxe se utilizan para a detección precoz de tumores. ​​​

Investidura: 19/05/99; Madriña: Prof. Dra. Camino Noia Campos

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 de agosto de 1938) é un político e escritor español en lingua galega, ampliamente recoñecido como un dos máis importantes e representativos da literatura galega contemporánea. Doutor en Filoloxía, Méndez Ferrín ocupou o posto de presidente da Real Academia Galega (RAG) dende o ano 2010 ata o 2013 e foi galardonado con numerosos premios.

Carlos Fuentes Macías, Honoris Causa

 

Investidura: 29/05/01; Padriño: Prof. Dr. Manuel Candelas Colodrón

Carlos Fuentes Macías (Panamá, 11 de novembro de 1928 - Ciudad de México, 15 de maio de 2012) foi un escritor, intelectual e diplomático mexicano, e un dos autores máis destacados do seu país e das letras hispanoamericanas. Ata o día do seu falecemento, foi considerado por un sector do público e da crítica literaria candidato para obter o Premio Nobel de Literatura. Tamén exerceu unha intensa actividade académica.

 

Investidura: 01/09/04; Madriña: Prof. Dra. M. Victoria Carballo-Calero Ramos

Antonio Bonet Correa (A Coruña, 20 de outubro de 1925) é catedrático e historiador de arte, presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende decembro de 2008 e membro da Academia Galega de Belas Artes. Desenvolveu o seu labor tamén como director do Museo de Belas Artes de Sevilla, e é autor de numerosas obras e artigos científicos sobre arte hispanoamericano, urbanismo e barroco español.

Investidura: 17/12/04; Padriño: Prof. Dr. Manuel Deaño Deaño

Jagannath Prasad Das (Puri, India, 20 de xaneiro de 1931) é un psicólogo canadiense de orixe indiao, experto en psicoloxía educativa, intelixencia e desenvolvementeo da infancia. As súas áreas de investigación inclúen a avaliación e os procesos cognitivos, o atraso mental e as dificultades de aprendizaxe. Os seus traballos sobre a reformulación do concepto e valoración da intelixencia (teoría PASS de intelixencia) son recoñecidos internacionalmente.

Lynn Margulis, Honoris Causa

 

Investidura: 26/01/07; Madriña: Prof. Dra. Luisa Castro Cerceda

Lynn Margulis (Chicago, 5 de marzo de 1938 – Amherst, Massachusetts, 22 de novembro de 2011) foi unha destacada bióloga estadounidense, considerada unha das principais figuras no campo da evolución biolóxica al describir un importante hito: á orixe das células eucariotas como consecuencia da incorporación simbiótica de diversas células procariotas (Teoría da endosimbiosis seriada (SET).

 

Timothy J. Kehoe, Honoris Causa

 

Investidura: 01/02/08; Padriño: Prof. Dr. José Mª da Rocha Álvarez

Timothy Jerome Kehoe (Albuquerque, 13 de xuño de 1953) é un economista estadounidense experto en crecemento e recesións económicas e economía internacional. A súa especialidade é a teoría e aplicación dos modelos de equilibrio xeral. Estudou o impacto en España do ingreso do país na Unión Europea, así como a reforma fiscal española. É membro do consello científico e do patronato da Fundación Instituto Madrileño de Estudios Avanzados (IMDEA) Ciencias Sociais.

 

Takeshi Tasumoto, Honoris Causa

 

Investidura: 28/01/10; Padriño: Prof. Dr. José Antonio Rodríguez Vázquez

Takeshi Yasumoto (Okinawa, Japón, 1935) é un científico xaponés recoñecido pola comunidade científica internacional grazas aos seus estudos sobre os produtos naturais mariños e as toxinas que causan as mareas vermellas. Na actualidade dirixe o prestixioso Okinawa Science and Technology Promotion Centre de Xapón. Conta con máis de 600 traballos de investigación realizados e máis dunha decena de distincións honoríficas.

 

Jorge Martínez Vázquez, Honoris Causa

 

Investidura: 31/01/2011; Padriño: Prof. Dr. Santiago Lago Peñas

Jorge Martínez-Vázquez  (Illa de Arousa, 18 de marzo de 1948) é un recoñecido experto no ámbito da economía pública, en xeral, e nas áreas de descentralización fiscal, imposición e xestión tributaria, en particular. Dirixiu en diferentes países varios proxectos de reforma fiscal e é asesor de varios países do Leste, Rusia, Asia, América Latina, así como do FMI, Banco Mundial e ONU.

José Manuel Silva Rodríguez, Honoris Causa

 

Investidura: 27/01/2012; Padriño: Prof. Dr. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo

Jose Manuel Silva Rodriguez,, (Chantada, Lugo, 25 de outubro de 1949) é enxeñeiro Agrónomo. Empezou as súas actividades vinculadas ás institucións comunitarias en 1983 como parte da delegación española para a adhesión de España á UE. Ocupou os postos de Director Xeral de Agricultura e Director Xeral de Investigación da UE, sendo un dos principais impulsores do Espazo Europeo de Investigación (ERA) co obxecto de favorecer a libre circulación do coñecemento.

 

Agustín Fernández Paz, Honoris Causa

 

Investidura: 28/01/2013; Padriño: Prof. Dr. Xosé Henrique Costas González

Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 29 de maio de 1947 - Vigo, Pontevedra, 12 de xullo de 2016) foi un escritor en lingua galega, considerado entre os dez mellores autores mundiais de literatura infantil e xuvenil do século XX. Algunha das súas obras foi traducida a máis de vinte linguas. Membro do Consello da Cultura Galega e ganador en 2008 do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.

Julio Casado Linarejos, Honoris Causa

 

Investidura: 28/01/2013; Padriño: Prof. Dr. Juan Carlos Mejuto Fernández

Julio Casado Linarejos. Catedrático emérito de Química Física da Universidad de Salamanca cunha ampla traxectoria profesional e máis de cento cincuenta artigos publicados en revistas internacionais. Medalla de Investigación da Real Sociedad Española de Química, recibiu, entre outros, o Premio de Investigación Sigma-Aldrich e o Premio María de Maeztu á excelencia científica. Contribuíu á creación e consolidación dunha escola de investigadores en proxectos nacionais e internacionais. 

 

Michael W. Hanemann, Honoris Causa

 

Investidura: 29/01/2015; Padriño: Prof. Dr. Xavier Labandeira Villot

Michael W. Hanemann (Manchester, Reino Unido, 26 de agosto de 1944) é un economista e destacado académico no campo da economía medioambiental e dos recursos. Os seus estudos oriéntanse a explorar o pasado, presente e o futuro da auga e cómo o cambio climático afectará ao suminsitro, á distribución e aos custos da auga nos Estados Unidos, así como a nivel global.

 

Erín Moure, Honoris Causa

 

Investidura: 22/06/2016; Madriña: Prof. Dr. Belén Martín Lucas

Erín Moure (Calgary, Canadá, 17 de abril de 1955) é unha das poetas máis activas e experimentais no panorama norteamericano contemporáneo, así como unha prolífica tradutora dende o galego, o portugués, o español e o francés.  Fixo unha excepcional achega á difusión da obra de Rosalía de Castro no mundo anglófono coa súa tradución de Cantares gallegos.

 

Emilio Rolán Mosquera, Honoris Causa

 

Investidura: 22/06/2016; Padriño: Prof. Dr. Pedro Pablo Gallego Veigas

Emilio Rolán Mosquera (A Guarda, Pontevedra, 1935) é un médico e biólogo galego especializado en malacoloxía. Realizou grandes achegas en materia de taxonomía de moluscos mariños, describindo máis de 1000 especies novas, sendo considerado actualmente o taxónomo máis produtivo do mundo mariño e un dos expertos mundiais máis afamados. Posúe unha das maiores coleccións de conchas de moluscos mariños e de máis biodiversidade do mundo.

 

Honoris Causa UVigo Inmaculada Paz Andrade

Investidura: 02/05/2018 ; Padriño: Prof. Dr. José Luis Legido

Considerada unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de barrido, a catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela María Inmaculada Paz Andrade foi a primeira muller nomeada, en 1979, visiting research professor da Universidade de Manchester. Previamente, en 1964, foi tamén a primeira profesora adxunta interina na USC, onde en 1983 se convertería na primeira catedrática de Física Aplicada