Salustiano Mato de la Iglesia

(2010-2018)

Salustiano Mato toma posesion reitor universidade vigoCatedrático de Universidade de Zooloxía, Salustiano Mato de la Iglesia (Santiago, 1960) é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e, tras realizar un posdoutoramento nas universidades de Cornell e Rutgers de Estados Unidos, no eido da compostaxe, foi profesor da Escola Técnica de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo así como na da Facultade de Ciencias de Ourense. Dende o ano 2000 exerce como catedrático de Zooloxía no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, con docencia na Facultade de Bioloxía. Publicou máis de 100 traballos científicos no seu ámbito de especialización, a Ecoloxía do Solo e o Tratamento de Residuose conta con dúas patentes.

O seu interese e a súa experiencia profesional céntrase no mundo universitario, no que ten desenvolvido diversas responsabilidades. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias de Ourense, director do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, decano da Facultade de Ciencias de Vigo e, posteriormente, vicerreitor de investigación da Universidade de Vigo, entre os anos 1998 e 2005. 

Tras unha paréntese no período 2005-2009 no que exerceu o cargo de director xeral de investigación, desenvolvemento e innovación na Xunta de Galicia, reincorpouse á Universidade e foi reitor da Universidade de Vigo (2010-2018). Formou parte do comité executivo da comisión sectorial de I+D+i da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e ostentou o cargo de presidente da comisión sectorial de secretarías xerais da CRUE. Exerceu tamén a presidencia da Conferencia de rectores de universidades del suroeste europeo (Crusoe) e a do Centro de estudos eurorrexionais Galicia-Portugal (Ceer).