Transporte
O desprazamento ao teu campus é sinxelo e cómodo, tes moitas alternativas e grandes descontos. Aprovéitaos!
Andando ou en bibicleta
A mellor opción para os campus urbanos de Ourense, Pontevedra e Vigo. Sen presas, sen custo, gozando da paisaxe e aproveitando para facer exercicio e coidar do medio ambiente.
Coche compartido #UVigoComparteCoche
A Universidade de Vigo pon en marcha unha iniciativa de coche compartido para toda a comunidade universitaria. A través da aplicación gratuíta Hoop Carpool, o estudantado, o PAS e o PDI poderán poñerse en contacto para compartir coche e gastos nos seus desprazamentos diarios aos campus e promover a sostibilidade.
Como compartir coche?
- Descarga a app Hoop Carpool no teu móbil e rexístrate
- Introduce o código promocional #UVIGO220 para compartir gastos e acceder a cheques de gasolina gratis
- Publica os teus traxectos como condutor/a ou pasaxeiro/a
- Atopa o teu compañeiro/a, chateade e reserva a túa viaxe
Autobús urbano
As tres cidades contan cunha rede de autobuses urbanos con varias rutas que chegan ata os campus universitarios nos cales o estudantado da Universidade de Vigo conta con importantes descontos no prezo dos billetes.
- Ourense
Consulta toda a información sobre os autobuses urbanos de Ourense na web www.urbanosdeourense.es - Pontevedra
Podes achegarte ao campus utilizando o servizo de bus que conecta A Xunqueira coa estación de bus e de tren. - Vigo
A tarxeta PassVigo Universitario pódea solicitar todo o estudantado matriculado no curso 2020/2021 nunha facultade ou nunha escola do campus de Vigo, cunha tarifa especial de 0,67 € por viaxe se emprega a tarxeta. A tarxeta pódese solicitar en liña en calquera momento en https://passvigo.vigo.org/, sen necesidade de acudir presencialmente a ningunha oficina.
Lembrámosche que para consultar todos os horarios e os percorridos das liñas, podes empregar a web de Vitrasa ou as aplicación Moovit e Vigo App e que as lanzadeiras U1 e U2 estarán dispoñibles a partir do 21 de setembro.
Servizo de autobús circular no campus de Vigo
O estudantado, o PAS e o PDI teñen á súa disposición un servizo de autobús circular gratuíto no campus de Vigo con saída desde a residencia universitaria e desde o centro comercial.
Velaquí a información sobre as paradas e os horarios do servizo:
Servizo de autobús do persoal ao campus de Vigo
No campus de Vigo existe ademais un servizo propio de autobús para o desprazamento do seu persoal ata o campus As Lagoas, Marcosende cos seguintes horarios e paradas:
Tren ou autobús de liña
Para desprazamentos desde fóra dos casos urbanos, existen conexións co resto de cidades próximas tanto en autobús como en tren. Podes consultar toda a información nos seguintes enlaces:
Para máis información, podes contactar coa Sección de Información ao Estudantado (SIE)
Campus de Vigo
+34 986 813 630
sie@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal