Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Organización
- Jose Carlos Souto Otero
Director do Campus Crea e Green Campus
+34 986 802 080
dir.crea.po@uvigo.gal - José Mª Cancela Carral
Director da Área de Infraestruturas
+34 986 802 080
dir.infraestructuras.po@uvigo.gal
- María Eulalia Agrelo Costas
Directora de Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración
+34 986 802 080
dir.dinamizacion.po@uvigo.gal - Miguel Ángel Cabañas Díaz
Secretaría
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal
Competencias
- As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do campus de Pontevedra.
- As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Pontevedra.
- As derivadas da descentralización administrativa no campus de Pontevedra.
- As relativas ao campus de Pontevedra das áreas das outras vicerreitorías que se atopen descentralizadas.
- As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus Crea S2i, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
- As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
- As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e os viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Pontevedra-Campus Crea S2i.
- As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional coma autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do campus de Pontevedra.
- As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Crea S2i, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación e Investigación.
- As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus Crea S2i, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal