Cable USB conectado a unha nube branca

Identidade corporativa

Manual de identidade corporativa gráfica

Para responder os actuais desafíos da comunicación, a Universidade de Vigo presenta unha renovación da súa identidade corporativa.

A actualización do Manual de identidade corporativa gráfica ten como propósito definir as liñas visuais condutoras da imaxe da Universidade de Vigo. Establece normas co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución e, ao mesmo tempo, facilitar o labor das persoas que  elaboran estes documentos, mediante a achega de recursos gráficos que serán empregados tanto no ámbito externo coma interno.

O estilo gráfico da Universidade de Vigo acompañará sempre as comunicacións de acordo con este manual  de identidade corporativa. En ningún caso se poderán modificar os deseños proporcionados pola Área de Imaxe.

Logotipo

O logotipo da Universidade de Vigo está composto en New Baskerville, baseada nos deseños de John Baskerville (1761). É institucional, académico, rigoroso e atemporal.

O uso do logotipo autorizarase exclusivamente para fins propios da Universidade Vigo. En ningún caso lle outorgará á persoa usuaria o dereito de exclusividade, nin lle permitirá apropiarse mediante o rexistro ou calquera procedemento do citado emblema ou similar. Presumirase a autorización no caso do seu emprego en actividades desenvoltas por membros da comunidade universitaria organizadas nesta institución.

Os distintos subemisores da Universidade de Vigo poderán solicitarlle á Área de Imaxe o seu logotipo e símbolo particulares así como o seu propio manual.

Centros

O manual establece normas co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución e, ao mesmo tempo, facilitar o labor das persoas que  elaboran estes documentos, mediante a achega de recursos gráficos que serán empregados tanto no ámbito externo coma interno.

Os distintos centros docentes e de investigación da Universidade de Vigo poderán solicitarlle á Área de Imaxe o seu logotipo e símbolo particulares, así como o seu propio manual.


Área de Imaxe

A Área de Imaxe da Universidade de Vigo ten como propósito asesorar a comunidade universitaria para o correcto uso dos símbolos gráficos que representan a institución, co fin de reforzar e clarificar a comunicación interna, así como de proxectar unha imaxe exterior coherente e de excelencia.

 

Máis información:

Área de Imaxe
Local A11, Centro Comercial da Cidade Universitaria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
imaxe@uvigo.gal
+34 986 813 411