Vicerreitoría do Campus de Ourense
María Esther de Blas
Vicerreitora
Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990, onde impartiu docencia nos tres campus.
O seu currículo investigador abrangue diferentes aspectos relacionados co medio ambiente que se poden encadrar en tres liñas fundamentais: factores que regulan a dispoñibilidade de P no solo; degradación de solos por incendios forestais, erosión e hidrofobia; e xeoquímica de ecosistemas litorais en relación coa dinámica do metano.
Participou en 19 proxectos de investigación e contratos con empresas ou administracións. O traballo realizado plasmouse en numerosas publicacións e participacións en congresos. Tamén colaborou na revisión de numerosos artigos científicos en revistas SCI, e na avaliación de teses doutorais e proxectos de investigación locais, nacionais e estranxeiros.
No ámbito da xestión, desempeñou o cargo de directora delegada da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense. Foi secretaria do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo, membro electo polo sector de axudantes no claustro constituínte e o Consello de Goberno, onde participou activamente nas comisións que elaboraron os primeiros estatutos da Universidade de Vigo.
Organización
- Javier Rodeiro Iglesias
Director de Área de Infraestruturas do Campus de Ourense e CITI
+34 988 387 020
dir.infraestructuras.ou@uvigo.gal - Nelson Pérez Guerra
Director do Campus Auga
+34 988 368 790
direccion.campusauga@uvigo.gal
- Ana Mª Torrado Agrasar
Directora de Área de Dinamización Cultural e Educativa e Integración do Campus
+34 988 387 091 - Ana María Rodríguez Rodríguez
Secretaría
+34 988 387 300
vicou@uvigo.gal
Competencias
- As de proxección, coordinación e representación da universidade no ámbito territorial do campus de Ourense.
- As relacionadas directamente cos asuntos específicos do campus de Ourense.
- As derivadas da descentralización administrativa no campus de Ourense.
- As relativas ao campus de Ourense das áreas das outras vicerreitorías que se atopen descentralizadas.
- As relacionadas coa planificación, a coordinación e a execución de políticas e accións relativas ao Campus da Auga, no marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
- As relacións, en representación do reitor, coas institucións e coas empresas de carácter público e privado, así como a sinatura de todo tipo de protocolos e convenios relacionados coas actividades destas, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- As relativas a empresas e a institucións, incluídas as cátedras de empresa e os cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa en todas as materias obxecto desta delegación.
- As relacionadas coas empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas no ámbito de influencia do campus de Ourense-Campus da Auga.
- As relativas á tramitación de proxectos de investigación, tanto no ámbito nacional coma autonómico, así como contratos ao abeiro do artigo 83 da LOU, no ámbito de influencia do campus de Ourense.
- As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación e Investigación.
- As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus da Auga, en coordinación coas Vicerreitoría de Investigación.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 300
vicou@uvigo.gal