Unha universidade, tres campus

A Universidade de Vigo foise consolidando desde o seu nacemento en 1990 coma un referente para a formación e a innovación, tanto no plano galego como a nivel internacional

Somos unha universidade pública con presenza nos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo. Con base na docencia, na investigación e na transferencia, os tres campus da Universidade de Vigo salientan pola súa especialización ao tempo que manteñen a complementariedade entre eles. Trátase, pois, de tres campus especializados onde poderás estudar titulacións de grao, dobres graos, másteres e programas de doutoramento, nunha trintena de centros para a formación e a investigación.

Unha rede de centros propios completa o mapa de infraestruturas destinadas á investigación coas que conta a Universidade de Vigo.

Os campus tamén están dotados de instalacións para o estudo e para alternativas de formación e lecer, con programación continuada no plano cultural, deportivo e actividades de voluntariado.

 

Campus de Vigo

En coche

O medio máis habitual de viaxar a Vigo é en coche. As boas conexións coas que conta a cidade permiten chegar a Vigo pola autopista desde Madrid, Santiago de Compostela, A Coruña e Porto.

Existen tres autopistas principais ata Vigo:

  • Madrid e Vigo están conectadas pola Autovía do Noroeste (A-6) e a Autovía das Rías Baixas (A-52). Os 667 km que separan as cidades percórrense nunha media de seis horas.
  • Para chegar a Vigo desde Portugal cómpre coller a A3 que connecta Porto, Lisboa e Braga coa fronteira española e conecta coa AP-9 e a A-55 que che deixará no centro de Vigo.
  • Para desprazarse por Galicia en coche a mellor opción é a Autopista do Atlántico (AP9), que une Vigo e A Coruña con Pontevedra e Santiago de Compostela.

En bus

Tamén é posible viaxar ata Vigo en bus. Existen liñas directas desde Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura e Andalucía. Ademais, hai rutas internacionais desde Portugal, Francia, Suíza, Bélxica, Países Baixos, Dinamarca e Alemaña.

Estación de autobuses, Avenida de Madrid, 57
Teléfono: +34 986 373 411

En tren

Podes chegar a Vigo en tren desde Madrid, Barcelona, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ponferrada, León, Bilbao, Alicante e Porto. 

Vigo conta con dúas estacións de tren, ambas as dúas no centro da cidade:

  • Urzaiz: na Plaza da Estación, para os trens de alta velocidade desde A Coruña e Santiago de Compostela
  • Guixar: na rúa do Areal, para o resto dos trens.

Teléfono: +34 902 240 202 | Renfe

En avión

Aeroporto de Peinador (Vigo)

O aeroporto de Vigo está situado a 12 km do centro da cidade. 

Podes visitar a web do aeroporto de Vigo para máis información.

Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela está a 90 km de Vigo. Ambas as dúas cidades están conectadas por tren e por bus.

Visita a web do aeroporto de Santiago de Compostela para máis información.

Aeroporto de Sá Carneiro (Porto)

Porto está a 150 km de Vigo, polo que o seu aeroporto é unha boa opción para viaxar á nosa cidade. Coñece a ampla oferta de rutas dispoñibles na web do aeroporto. Para chegar a Vigo desde Porto pódese elixir enter o tren e o bus (ALSA e AUTNA). Tamén existen outras opcións como o taxi ou alugar un coche.

O campus de Vigo, Campus Vigo Tecnolóxico, está especializado no ámbito da tecnoloxía. Conta con centros de referencia na investigación e ofrece titulacións específicas como as enxeñarías industrial, de telecomunicación ou biomédica.

Mapa interactivo do campus de Vigo

 

Campus de Ourense

A cidade de Ourense está a 95 km de Vigo. O campus está integrado na propia cidade, onde todo está á man e onde podes desprazarte a calquera sitio camiñando.

O Campus Auga converte o campus de Ourense en líder na investigación e na docencia en materias relativas á auga, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Mapa interactivo do campus de Pontevedra


Campus de Pontevedra

Pontevedra está a uns 30 km ao norte de Vigo. O campus principal atópase ás aforas do centro da cidade, a tan só 12 minutos camiñando e moi ben contectado.

O campus de Pontevedra, Campus CREA, especialízase na creatividade e a innovación sostible, e nel impártense titulacións que afondan na especialización do campus a través da arte, a comunicación e a creatividade, a educación, a innovación social... 

Mapa Interactivo do campus de Pontevedra