Como contratar

Tanto se a túa empresa é ou vai ser provedora da universidade ou se queres contratarnos e vas ser cliente, consulta os seguintes procedementos e documentación:

 

O perfil do contratante é o espazo no que se publica a información relativa á contratación administrativa, con anuncios de licitación, adxudicacións provisionais e definitivas e os pregos de contratación.
Está regulado polo artigo 53 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Pasos para darme de alta como empresa ou persoa provedora da Universidade de Vigo:

  • Ten que cubrir a ficha de perceptores da Universidade de Vigo (descarga na parta inferior da páxina). Os datos bancarios deberánse completar correctamente incluíndo o código IBAN.
  • As persoas xurídicas conformarán os datos bancarios mediante selo ou certificado do seu banco.
  • O orixinal da ficha achegarase por correo ó Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría e por correo electrónico neingres@uvigo.es; pbcont3@uvigo.es ou ben por fax.

  1. Como fago para modificar a miña conta bancaria
    • No caso de persoas físicas
      Se es persoal da universidade e queres cambiar a conta de pago da nómina debe comunicalo ao Servizo de Nóminas e Seguros Sociais. Se só queres cambiar a conta de pagos "non nóminas", podes facer a solicitude por correo electrónico ou carta. Se non es persoal da universidade, debes cubrir a ficha de perceptores cos cambios correspondentes.
    • No caso de persoas xurídicas, deben cubrir novamente a ficha de perceptores cos cambios correspondentes conformados polo banco. 
  2. Quen me pode informar sobre a situación dunha factura
    • A información sobre a situación de facturas e calquera outro documento que dea lugar ao recoñecemento unha obriga por parte da universidade é visible para todo o persoal da Área Económica da Universidade, polo tanto calquera poder dar información á persoa interesada.
  3. Como podo facer unha modificación orzamentaria
    • Se es investigador ou investigadora profesional dun proxecto de investigación ou dirixes un curso, debes dirixirte á persoa administradora do teu ámbito ou campus, que che explicará os procedementos e fará todos os trámites necesarios.
    • Se non estás incluído ou incluída no punto anterior, debes dirixirte ao Servizo Administrativo correspondente, para que che indiquen como proceder. 
 

Podes contratarnos para que levemos a cabo xuntos proxectos de I+D+i. Temos diferentes modelos de colaboración, que se poden agrupar en dous grupos:

  • I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
  • I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.

Se queres saber máis, accede aquí á información que ofrece ao respecto a Oficina de I+D

Podes consultar os modelos de contrato aquí:

 

Para formar parte da listaxe de empresas da Universidade de Vigo para a contratación menor cómpre:

  • Cubrir a solicitude de inscrición.
  • Dependendo do tipo de actividade, deberase presentar o certificado de solvencia técnica e profesional, .póliza de responsabilidade civil e o xustificante do seu pagamento.
  • Declaración responsable
  • Información da empresa sobre os traballos que se realizarán na Universidade de Vigo (REF. DRPRL-08- 03).
  • A documentación achegarase á Unidade de Servizos Xerais a través do enderezo electrónico servizosxerais@uvigo.es


 


Xestión económica 

Como sabes, a Universidade de Vigo publicou este novo portal institucional. Agora estamos na fase de actualización e creación dos contidos. Neste proceso algúns apartados están en construcción. Para atopares a información que procuras, recomendámosche que te dirixas á seguinte páxina da anterior versión da web:

Xestión económica - Instrucións

Se queres contratarnos e ser o noso cliente, podes consultar aquí toda a información sobre os contratos de I+D.

 

 

Documentación asociada aos procedementos

Ficha de perceptores - Galego e español2.77 MB Ficha de perceptores - English [PDF]67.59 KB Procedemento de factura electrónica [PDF]1.76 MB Modelo para solicitar modificacións presupuestarias [DOC]47.62 KB

Documentación para contratación menor

Solicitude de inscrición na listaxe de empresas [DOC]23.24 KB Modelo DRPRL-08-03 [DOC]384 KB Declaración responsable [DOC]35.29 KB Tipoloxía de actividades e códigos [PDF]22.6 KB