Asociacións universitarias

As asociacións de estudantes na Universidade de Vigo son as que, constituídas de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo e no regulamento de estudantes da Universidade de Vigo, se comprometan e impliquen na defensa dos bens culturais e universitarios en réxime de liberdade, autonomía, representatividade e auténtica participación dos seus asociados e asociadas, dentro do respecto ao ordenamento xurídico do Estado, da comunidade autónoma de Galicia e da Universidade de Vigo. A estrutura e o funcionamento interno das asociacións deberán ser democráticos e rexerse por uns estatutos aprobados polos órganos competentes.

    Censo de asociacións universitarias

    Na Universidade de Vigo existe un censo público no que deberán inscribirse as asociacións estudantís, de acordo co Regulamento de estudantes da Universidade de Vigo e coa lexislación vixente. Este censo deberá actualizarse anualmente, coa finalidade de establecer baremos obxectivos do grao de participación asociativa da comunidade universitaria e de cara á supervisión da concesión das diferentes axudas e á participación das asociacións en todo o referente á vida universitaria (órganos colexiados, convocatorias culturais...).

     

    Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís nas que a porcentaxe de membros estudantes da universidade sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas. A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou quen teña a representación da asociación estudantil. Ao rematar de encher o formulario, debe imprimilo, asinalo e entregalo por rexistro, achegando a seguinte documentación:

    • Convocatoria
    • Anexo I.a
    • Anexo II: Compoñentes da xunta directiva
    • Acta de constitución da asociación estudantil, debidamente asinada por todos os promotores.
    • Certificación da súa condición de asociación estudantil, asinada por todos os promoteres.
    • Fotocopia do CIF da asociación.
    • Estatutos da asocación estudantil, asinada en todas as páxinas polos promotores e visados pola Xunta.
    • Certificación da conta bancaria, selada pola entidade, a nome da asociación estudantil.
    • Fotocopia do libro de asociados, Indicarase o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados na Universidade de Vigo o estudantado membros da asociación, que non poderán ser menos do 50% do total dos socios.
    • Copia de NIF/NIE da persoa que ostenta a presidencia e do resto de promotores.
    • Programa de actividades para o ano 2018, cunha breve descrición de obxectivos e contidos, sendo imprescindible presentar un orzamento de gastos e ingresos previstos. Ten que estar aprobada en asemblea, polo que é preciso que remitan unha copia, debidamente asinada, da súa aprobación.

    Anualmente débese actualizar a información da asociación achegando a seguinte documentación:

    • Convocatoria
    • Anexo I.a
    • Anexo II: Compoñentes da xunta directiva
    • Relación de asociados no presente curso (ou copia do libro de asociados). Indicarase: nome, apelidos, NIF/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os membros da asociación estudantil que sexan estutdantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituir unha porcentaxe inferior ao 50% do total de socios e socias.
    • Síntese da actividade da asociación estudantil durante o ano 2017, con referencia ao funcionamento, programas levados a cabo, sendo imprescindible presentar un resumo dos orzamentos executados e grado de participación nas actividades. A programación ten que estar aprobada en asemblea, polo que é preciso remitan unha copia, debidamente asinada, da súa aprobación.

    Existen dous tipos de asociacións universitarias:

    • Asociación de ámbito xeral: dirixe a súa actividade ao conxunto da comunidade universitaria, ten asociados en diversos centros e unha actividade cultural e social que responde aos intereses de persoas e colectivos amplos.
    • Asociación de ámbito sectorial: que restrinxe as súas actuacións a actividades sectoriais ou a que só ten presenza nunha titulación ou nun ámbito reducido  (nun so centro ou un so tipo de actividades).

    No seguinte enlace podes consultar o listado de asociacións universitarias en activo:

     

    Convocatoria de axudas

    Existen diferentes convocatorias de axudas ás que poden concorrer as entidades que se atopen incluídas no censo de asociacións da Universidade de Vigo tanto para a realización de actividades como de apoio loxístico ao se funcionamento.

    Podes consultar no menú lateral desta web se hai nestes intres algunha convocatoria activa así como revisar as convocatorias xa rematadas no buscador.

    Ir ao buscador

     

    Para os efectos desta convocatoria, consideraranse asociacións consolidadas as asociacións cunha certa estabilidade na súa vida organizativa nos últimos anos; valorarase positivamente que teñan concorrido neses anos ás convocatorias de organismos públicos ou privados para financiamento de actividades nos campus. As demais asociacións consideraranse como de nova creación.

    • Anexo I.b
    • Datos da actividade (Anexo II)
    • Orzamento estimado da actividade (Anexo III)
    • Informe no que se especifique con mais detalle o interese e alcance da actividade, incluíndo un breve currículo das persoas ou grupos de participantes.
    • Documento acreditativo da concesión de subvencións, axudas, ingresos externos á Universidade de Vigo que financien a devandita (indicando a contía da subvención), de ser o caso.

     

    Para máis información, podes contactar con:

    Campus de Vigo   
    Sección de Extensión Universitaria
    +34 986 813 626
    extension@uvigo.es

    Campus de Ourense
    Área de Servizos á Comunidade                 
    +34 988 387 102
    +34 988 387 089
    asc-ou@uvigo.es

    Campus de Pontevedra
    Área de Servizos á Comunidade               
    +34 986 801 949
    +34 986 801 955
    asc-po@uvigo.es