
O Arquivo Universitario
O Arquivo Universitario é a unidade responsable de garantir a xestión, organización, accesibilidade, tratamento e preservación do patrimonio documental da Universidade.
Misión | O Arquivo Universitario ten encomendada a función de planificar, implantar e avaliar un sistema de xestión integral dos documentos, dende a creación ou recepción nas unidades e servicios administrativos, ata a súa conservación ou eliminación definitiva, de acordo co marco legal e seguindo criterios técnicos. Así mesmo, é a unidade encargada de conservar, organizar, describir e facer accesible tódolos fondos documentais, administrativos e históricos da Universidade. |
---|---|
Visión | O Arquivo Universitario contribúe á racionalización e á calidade do sistema universitario facilitando a documentación necesaria para a resolución dos trámites administrativos e para os procesos de toma de decisións. O Arquivo Universitario ofrece un servicio de información eficaz a tódolos membros da comunidade universitaria e á ciudadanía en xeral. |
Obxectivos | Implantar, desenvolver e avaliar o sistema de xestión documental da Universidade. Favorecer a consecución de niveis de calidade na xestión administrativa da Universidade. Garantir a conservación e difusión do patrimonio documental da Universidade |
O Arquivo Universitario é membro da Conferencia de Arquivos das Universidades Españolas (CAU)
Normativa e formularios
Regulamento do Arquivo Universitario81.77 KB Cadro de clasificación dos documentos administrativos346.15 KB Normas de transferencia de documentos ao Arquivo Xeral150.32 KB Solicitude de documentación ao Arquivo Xeral369.5 KB Calendario de conservación dos documentos342.45 KB Formulario de transferencia de documentación ao Arquivo Xeral378 KB
Para máis información podes contactar en xsarquiv@uvigo.es ou no +34 986 814 074
Horario de atención de 9.00 a 14:30 h
Biblioteca Central de Vigo
Rúa Leonardo da Vinci, s/n
36310 Vigo