Instalacións e abonos

Dispoñemos dun importante abano de espazos deportivos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo para a práctica deportiva das persoas da comunidade universitaria ou alleas a ela.

A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón de tres abonos diferentes que permiten facer un uso regular das súas instalacións:

  • Abono Básico (vestiarios, taquillas e pista de atletismo)
  • Abono Muver (salas de fitness, actividades dirixidas, pista de atletismo e descontos nas escolas deportivas e nos servizos de saúde...)
  • Abono Ponte en Forma (todas as vantaxes do abono Muver e ademais seguimento técnico e ´medico deportivo personalizado).

VER ABONOS

 

Tamén pódese facer un uso libre das instalacións tanto de xeito individual como por parte de grupos de persoas a través dos bonos, as reservas puntuais e as reservas de temporada. Para máis información relativa ao uso e reserva das instalacións, os prezos e formas de pagamento, consulta o seguinte enlace.

VER INSTALACIÓNS

Para máis información, podes contactar con: 
Sección de Extensión Universitaria 
extension@uvigo.es
+34 986 813 626

Prezos públicos Area de Benestar, Saúde e Deporte_Xaneiro 2018.pdf179.39 KB