Gabinete de Prensa
Creado no ano 1998, o Gabinete de Prensa da Universidade de Vigo presta servizo tanto á comunidade universitaria como aos medios de comunicación
Informando e divulgando sobre todos os campos da actividade académica nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, o Gabinete de Prensa promove, mediante a difusión de noticias, o coñecemento da Universidade de Vigo na sociedade na que se insire.
As funcións
- Cobertura informativa das actividades académicas, institucionais, científicas e culturais que se desenvolven nos tres campus e que aparecen publicadas tanto no Duvi, como nos medios de comunicación.
- Atención ás demandas dos medios (escritos e audiovisuais), tales como entrevistas con membros da comunidade universitaria, solicitude de datos relativos á institución ou imaxes.
- Elaboración diaria do dossier de prensa no que se recompilan as noticias publicadas nos xornais locais, rexionais, nacionais, directamente relacionadas coa Universidade de Vigo e coa educación e coa investigación en xeral.
- Redacción de textos para publicacións editadas pola Universidade de Vigo.
- Asesoramento aos membros da comunidade universitaria na relación cos medios.
- Xestión da Axenda da web institucional
O persoal
Integrado por xornalistas profesionais, o Gabinete de prensa da Universidade de Vigo, atende as necesidades dos tres campus a través das redactoras e redactores que desenvolven o seu labor en cada un deles, xa que dispón de espazos específicos tanto en Ourense, como en Pontevedra e en Vigo.
Na actualidade integran o Gabinete de Prensa:
- Xefa do gabinete: M.ª del Carmen Echevarría Figueroa.
- Xornalistas no campus de Vigo: Digna Mar Besadío Rodríguez e María Del Río Piñeiro.
- Xornalista no campus de Ourense: Rosa Tedín Mouzo.
- Xornalista no campus de Pontevedra: Eduardo Muñiz Rodríguez.
Contacta co Gabinete de Prensa nos campus
Gabinete de Prensa no campus de Vigo:
Edificio Miralles. Campus de Vigo.
36310 Vigo
+34 986 813 604 | 986 818 762
duvi@uvigo.gal
Gabinete de Prensa no campus de Pontevedra:
Casa das Campás, Rúa Don Filiberto, n.º 9.
36002 Pontevedra
+34 986 802 047
prensapo@uvigo.gal
Gabinete de Prensa no campus de Ourense:
Edificio de Ferro, cuarto andar. Campus de Ourense.
32004 Ourense
+34 988 368 917
prensaou@uvigo.gal