Unidade de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo (Unaten)

A Unaten é unha unidade que se dedica á organización, xestión e control dos recursos, da información e das actividades de asistencia ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo

As funcións da Unaten son, entre outras, as seguintes:

  • Asesorar e informar dos recursos dos que dispón a Universidade de Vigo en materia de atención á diversidade e da forma de acceder a estes.
  • Elaborar e manter actualizado o censo de estudantes con necesidades educativas de apoio educativo.
  • Informar e asesorar o profesorado e o persoal dos servizos implicados con este colectivo.
  • Propoñer acordos de colaboración con outras institucións que faciliten o desenvolvemento de actuacións conxuntas de atención a este colectivo.
  • Sensibilizar a comunidade universitaria sobre a situación deste colectivo e garantir o seu acceso á información e á comunicación dentro da Universidade de Vigo.

 

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
diversidade@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade            
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade            
+34 986 801 949
asc-po@uvigo.es