Programa Docentia
A Lei Orgánica de Universidades (LOU) sinala, no marco da garantía de calidade das universidades, a obrigatoriedade da avaliación das actividades docentes, investigadoras e de xestión do profesorado universitario. Os nosos estatutos tamén recollen esta obriga nos seus artigos.
Os programas de avaliación da nosa universidade están deseñados tendo en conta a lexislación nacional e os estándares de calidade do EEES.
O programa de avaliación da actividade docente do profesorado universitario (Docentia) establece un modelo e uns procedementos para garantir a calidade do profesorado da nosa universidade e favorecer o seu desenvolvemento e o seu recoñecemento.
É un programa nacional adaptado e supervisado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
O actual manual do programa Docentia foi aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión do 30 de outubro de 2023.
Documentación
- Manual de avaliación do programa
- Informe de resultados Docentia avaliación quinquenal 2010/2011 a 2014/2015
- Informe de resultados Docentia avaliación quinquenal 2012/2013 a 2016/2017
- Informe de resultados Docentia avaliación quinquenal 2014/2015 a 2018/2019
- Convocatoria persoal avaliador curso 2018-2019
Resultados
Os resultados do programa Docentia poden consultarse na secretaría virtual.
Preguntas frecuentes sobre o programa Docentia
O principal obxectivo do programa de avaliación da actividade docente do profesorado da Universidade de Vigo é contribuír a mellorar a calidade da docencia e os resultados de aprendizaxe acadados polo estudantado. Ao redor deste obxectivo fundamental establécense os seguintes obxectivos:
- Dispor dun procedemento de avaliación e de mellora da calidade do ensino e do profesorado incluído nos sistemas de garantía de calidade das titulacións oficiais.
- Favorecer o desenvolvemento do profesorado e a súa promoción persoal e profesional proporcionándolle evidencias obxectivas sobre a súa actividade docente.
- Favorecer o proceso de toma de decisións fundamentadas asociadas ás persoas con responsabilidades académicas.
- Mellorar a información á sociedade sobre as características da oferta universitaria e o labor docente en centros e en titulacións da Universidade de Vigo.
Cunha periodicidade anual publicarase a convocatoria para a participación do profesorado na avaliación da súa actividade docente no marco do programa Docentia. Esta avaliación consistirá na valoración sistemática da docencia de cinco cursos académicos mediante a análise das evidencias documentais achegadas polo profesorado, os e as responsables académicos e a Universidade de Vigo.
No proceso de avaliación poderá participar todo o profesorado que imparta docencia nalgún grao ou mestrado dos centros propios da Universidade de Vigo, de acordo co plan de ordenación docente (POD) e que cumpra os seguintes requisitos:
- Impartir polo menos 150 horas no conxunto dos cinco cursos avaliados e un mínimo de 30 horas en tres dos cinco cursos avaliados.
- Non ter períodos superiores a 18 meses nos que non impartiu docencia na Universidade de Vigo: períodos sabáticos, incapacidades temporais etc.
- Ter resultados nas enquisas de avaliación docente en tres dos cinco cursos avaliados, agás que sexan por motivos alleos ao profesorado.
No desenvolvemento do procedemento designaranse catro comisións: unha por cada rama de coñecemento.
Con carácter xeral a composición das comisións será a seguinte:
- Presidencia: un ou unha docente da rama de coñecemento específica
- Cinco vogais:
- Dous profesores ou profesoras da Universidade de Vigo
- Dous profesores ou profesoras que non forman parte do sistema universitario galego
- Un ou unha estudante da Universidade de Vigo
- Un ou unha representante sindical que participará con voz pero sen voto.
O órgano de goberno con competencias en materia de calidade seleccionará o profesorado e o estudantado da Universidade de Vigo segundo os criterios determinados pola Comisión de Calidade e a ACSUG designará o profesorado que non forme parte do sistema universitario galego. O Consello de Goberno nomeará os membros das comisións por un período máximo de tres anos.
A documentación necesaria para a avaliación é a seguinte:
- Informes institucionais dos cinco cursos académicos que se van avaliar
A Área de Calidade realiza os informes institucionais que consisten na recompilación das evidencias e dos indicadores da actividade docente do período avaliado.
As fontes de información destes informes son bases de datos institucionais, enquisas de avaliación docente e información que achegarán as persoas con responsabilidades académicas e o profesorado.
- Autoinforme do profesorado
O autoinforme é un documento realizado polo profesorado no que realiza unha reflexión persoal da súa actividade docente xunto cunha valoración cualitativa do período avaliado. Deberase reflexionar de forma breve sobre a actividade docente, entendida como o conxunto das actuacións realizadas dentro e fóra da aula destinadas a favorecer a aprendizaxe do estudantado, xunto coa explicación máis detallada da modalidade da docencia realizada nunha materia, que será elixida polo profesorado.
- Informe das persoas con responsabilidade académica:
Son documentos realizados pola dirección ou polo decanato do centro do profesorado avaliado nos que se fai unha valoración xustificada da súa actividade docente a partir da información achegada para realizar os informes institucionais de cada curso académico do período de avaliación.
O resultado do proceso de avaliación da actividade docente é a realización do informe de avaliación docente cunha valoración cuantitativa e cualitativa total e por dimensións da actividade docente (planificación da docencia, desenvolvemento e resultados). O informe conterá as recomendacións para a mellora propostas para o profesorado, así como as boas prácticas detectadas no desempeño da súa actividade docente.
Acceso aos resultados:
- Cada docente terá un acceso personalizado ao seu informe de resultados provisionais a través da secretaría virtual.
- Os resultados agregados por titulación e por centro publicaranse na secretaría virtual e na páxina web da Universidade de Vigo, coa finalidade de dar a coñecer a todas as personas ou aos grupos de interese os resultados do desempeño docente do profesorado da Universidade de Vigo.
As principais consecuencias que ten o programa son:
- Axudar o profesorado a reflexionar e a introducir cambios na planificación e no desenvolvemento da súa actividade docente, identificando as boas prácticas que se poden aplicar para mellorar a calidade da súa docencia.
- Facilitar datos sobre o desempeño do seu labor docente para os procesos de:
- Acreditación
- Convocatorias para obter complementos autonómicos
- Concesión de axudas en convocatorias de innovación docente da Universidade de Vigo - Recoñecer a actividade docente excelente do profesorado mediante un certificado
- Valorar a actividade docente avaliada positivamente como mérito para:
- Os concursos de méritos para a provisión de prazas de figura estable de profesorado
- Obter a condición de profesorado emérito
- Obter a concesión de períodos sabáticos
- Participar como persoal avaliador no programa Docentia - Obter unha valoración positiva na avaliación da actividade docente (quinquenios)
- Establecer indicadores relativos ao financiamento variable de centros e de departamentos en función dos resultados do profesorado avaliado
- Deseñar plans de mellora individualizados adecuados ás necesidades detectadas e da súa dimensión, de tal forma que se poidan mellorar a través do seu seguimento.
- Propoñer accións formativas incluídas no plan de formación permanente do profesorado a partir dos informes institucionais co fin de mellorar as debilidades atopadas.
Máis información:
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal