Investigo
Repositorio institucional
Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador. Artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de douturamento lidas na universidade, constitúen os contidos do repositorio.
Como utilizar Investigo
- Se desexas buscar en Investigo, accede ao repositorio e utiliza a barra de busca situada no menú da dereita ou algunha das modalidades de navegación que se ofrecen no menú da esquerda ("Buscar por índices" ou "Navegar por facetas").
- Se desexas depositar un documento, accede ao repositorio e identifícache na ligazón "O meu Investigo". Despois, preme en "Enviar", no menú da dereita, e sigue as instrucións.
Para máis información sobre o repositorio, consulta as súas seccións de axuda ou contacta con investigo@uvigo.es.