Banner para difundir os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible

Responsabilidade social e Axenda 2030

A responsabilidade social é a peza central da modernización da Universidade de Vigo, da súa sustentabilidade económica, social, cultural e ambiental

Ás dúas misións tradicionais da universidade – a docencia e a investigación- uníuselle, na segunda metade do século XX, unha terceira relacionada co seu compromiso na transferencia do coñecemento como medio para contribuír tanto ao desenvolvemento da contorna máis próxima coma doutros países.

A responsabilidade social incorporouse nos últimos anos como unha función básica da Universidade de Vigo poñendo en contacto permanente a comunidade universitaria (estudantes, PAS e PDI) cos representantes da sociedade baixo os principios da solidariedade, dignidade das persoas, xustiza, equidade e inclusión, igualdade de xénero, respecto aos dereitos humanos e ás institucións democráticas, defensa do medio ambiente e solución pacífica das controversias.

A partir dunha investigación e unha docencia de calidade, a Universidade de Vigo pretende non soamente crear profesionais altamente cualificados nos máis variados ámbitos de actividade, senón tamén contribuír á creación dun coñecemento socialmente responsable co medio ambiente, a cultura, a democracia e o progreso inclusivo e sostible.

Actualmente, esta terceira misión vese reforzada co papel cardinal que xogan as universidades na consecución dun desenvolvemento máis sostible. A aprobación da Axenda 2030 en 2015 pola Asemblea da ONU abre unha ventá de oportunidade para que as institucións públicas, incluídas as universidades, orienten as súas estratexias de responsabilidade social cara á consecución dos denominados 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Os ODS diríxense tanto ás
persoas como ao planeta, e inspiran medidas de carácter transversal no ámbito local co propósito de acadar un mundo máis xusto, igualitario, solidario e sostible. A Universidade de Vigo é consciente do reto que representa a Axenda 2030 e comprométese a aliñar as súas políticas na senda dos 17 ODS.

 

Axenda 2030
 

O Pacto Mundial das Nacións Unidas é unha iniciativa da ONU pola que as empresas e organizacións que se unen á iniciativa comprométense a respectar os dereitos humanos e normas laborais, a preservar o medioambiente, e a actuar con transparencia nas súas actividades.

A Universidade de Vigo, adherida ao Pacto Mundial, comprométese cos 10 principios e os 17 obxectivos a través das súas políticas de responsabilidade social e, en concreto, nas seguintes formas:

  • Implantar os principios do pacto na súa propia estratexia e procedementos.
  • Difundir no Duvi as actividades de responsabilidade social realizadas pola comunidade universitaria.
  • Abrir no Portal de transparencia un campo específico de primeiro nivel sobre a responsabilidade social.
  • Promocionar o pacto entre os/as colaboradores e fomentar a súa aplicación.

Principios

  1. As empresas deben dar soporte e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais, recoñecidos internacionalmente, dentro do seu ámbito de influencia
  2. As empresas deben asegurarse que as súas empresas non son cómplices na vulneración de dereitos humanos
  3. As empresas deben dar soporte á liberdade de asociación e ao recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva
  4. As empresas deben dar soporte á eliminación de toda forma de traballo forzoso, ou realizado baixo coacción
  5. As empresas deben dar soporte á erradicación do traballo infantil
  6. As empresas deben de dar soporte á abolición das prácticas de discriminación no traballo e a ocupación
  7. As empresas deben manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente
  8. As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental
  9. As empresas deben favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente
  10. As empresas deben traballar contra a corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno

Obxectivos de desenvolvemento sostible

Desde o ano 2015 o Pacto Mundial alíase coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS):

  1. Poñer fin á pobreza en todas as súas formas no mundo
  2. Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición, e promover a agricultura sostible
  3. Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades
  4. Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidade de aprendizaxe durante toda a vida para todos
  5. Lograr a igualdade entre os xéneros e o empoderamento de todas as mulleres e nenas
  6. Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa ordenación sostible e o saneamento para todos
  7. Garantir o acceso a unha enerxía asumible, segura, sostible e moderna para todos
  8. Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sostible, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos
  9. Construír infraestrutura con resiliencia, promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.
  10. Reducir a desigualdade en e entre os países
  11. Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, con resiliencia e sostibles.
  12. Garantir modalidades de consumo e produción sostibles
  13. Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
  14. Conservar e utilizar en forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible
  15. Protexer, restablecer e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, efectuar unha ordenación sostible dos bosques, loitar contra a desertificación, deter e reverter a degradación das terras e poñer freo á perda da diversidade biolóxica
  16. Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis
  17. Fortalecer os medios de execución e revitalizar a alianza mundial para o desenvolvemento sostible

A responsabilidade social universitaria nas titulacións

A oferta formativa da Universidade de Vigo inclúe unha titulación de responsabilidade social: o Mestrado en administración integrada de empresas e responsabilidade social corporativa. Así mesmo diferentes estudos de grao e posgrao teñen materias relacionadas cos ámbitos da responsabilidade social:

Graos

  • Grao en Dereito: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas: responsabilidade social
  • Grao en Dirección e Xestión Pública: responsabilidade social
  • Grao en Educación Infantil: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Educación Primaria: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Educación Social: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Traballo Social: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas: responsabilidade social 
  • Grao en Economía: responsabilidade social
  • Grao en Comercio: responsabilidade social
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos: responsabilidade social / prevención de riscos laborai
  • Grao en Xeografía e Historia: responsabilidade social
  • Grao en Belas Artes: responsabilidade social
  • Grao en Linguas Estranxeiras: responsabilidade social
  • Grao en Tradución e Interpretación: responsabilidade social
  • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios: responsabilidade social
  • Grao en Enfermaría: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Fisioterapia: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Actividade Física e do Deporte: atención á discapacidade / responsabilidade social
  • Grao en Ciencias Ambientais: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Grao en Química: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Química Industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Consultaría e Xestión da Información: responsabilidade social
  • Grao en Ciencias do Mar: atención á discapacidade / responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Grao en Bioloxía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría Agraria: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría Forestal: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría da Enerxía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría Mecánica: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación : responsabilidade social
  • Grao en Enxeñaría Informática: responsabilidade social
  • Grao en Organización Industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais / prevención do medio ambiente

Mestrados

  • Mestrado en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos: atención á discapacidade
  • Mestrado en intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos: atención á discapacidade
  • Mestrado en necesidades específicas de apoio educativo: atención á discapacidade
  • Mestrado en investigación psicosocioeducativa con adolescentes en contextos escolares: atención á discapacidade
  • Mestrado en xestión do desenvolvemento sostible: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en innovación industrial e optimización de procesos: responsabilidade social
  • Mestrado en enxeñaría de minas: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en contaminación industrial: avaliación, prevención e control: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en enerxía e sostenibilidade: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en prevención de riscos laborais: prevención de riscos laborais
  • Mestrado en enxeñaría industrial: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente
  • Mestrado en acuicultura: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en bioloxía mariña: prevención do medio ambiente
  • Mestrado en ciencias biolóxicas: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en investigación química e química industrial: prevención do medio ambiente
  • Mestrado en oceanografía: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Mestrado en investigación física, deporte e saúde: atención á discapacidade
  • Mestrado en valoración, xestión e protección do patrimonio: prevención do medio ambiente
  • Mestrado en creación, dirección e innovación na empresa: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente
  • Mestrado en ciencia e tecnoloxía agroalimentaria e ambiental: prevención do medio ambiente
  • Mestrado en dirección de PEMES: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente
  • Mestrado en dirección integrada de proxectos: responsabilidade social / prevención de riscos laborais
  • Mestrado en xestión e dirección laboral: responsabilidade social / prevención de riscos laborais /  prevención do medio ambiente

Programas de doutoramento

  • Equidade e innovación en educación: atención á discapacidade
  • Xeotecnoloxías aplicadas á construción, enerxía e industria: responsabilidade social
  • Análise económica e estratexia empresarial: responsabilidade social
  • Ciencia e tecnoloxía química: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Ecosistemas terrestres, uso sostible e implicacións ambientais: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Educación, deporte e saúde: atención á discapacidade
  • Ciencias da educación e do comportamento: atención á discapacidade
  • Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria: responsabilidade social / prevención do riscos laborais
  • Metodoloxía e aplicacións en ciencias da vida: responsabilidade social
  • Ordenación xurídica do mercado: responsabilidade social / prevención riscos laborais
  • Eficiencia enerxética e sustentabilidade en enxeñaría e arquitectura: responsabilidade social / prevención do medio ambiente
  • Deporte, educación física e actividade física saudable: atención á discapacidade
  • Ciencias mariñas, tecnoloxía e xestión: prevención de riscos laborais 

Orientación ao estudantado

No que respecta á orientación ao estudantado por parte dos centros nos que está matriculado, cada curso académico recóllense no Plan de Acción Titorial (PAT), as actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas. O PAT, co que contan todas as titulacións oficiais da universidade, transcende o modelo especificamente académico, preocupado pola transmisión de coñecementos e a adquisición de competencias polo alumnado, e aposta por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socioeducativas, como a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe ou a procura da igualdade de xénero. Inclúe, en definitiva, o desenvolvemento persoal ademais do académico.

Mentorías

Por outra banda, por iniciativa dalgúns centros, a universidade conta cun programa de titorización do novo alumnado, no que estudantes veteranos con formación específica en técnicas de estudo, mentorado, liderado e intelixencia emocional axudan e asesoran o estudantado que ingresa na titulación. Dado o éxito do programa, cada curso académico esténdese a máis titulacións. Velaquí os centros con programas de mentores implantados:

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Facultade de Filoloxía e Tradución
  • Facultade de Química
  • Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Grupos de innovación educativa

Os grupos de innovación educativa (GID) son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, á innovación e á renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado. Se queres máis información sobre os GID, preme na seguinte ligazón.

Presentámosche os grupos de investigación da Universidade de Vigo en áreas vinculadas coa responsabilidade social universitaria:

Discapacidade

  • Equipo de psicoloxía evolutiva da educación (HI9)
  • Equipo de tecnoloxías da información e a comunicación en educación (DO1/B, TICEDU)
  • Equipo de investigación en diversidade educativa (DO2, EIDE)
  • Equipo de Didáctica Especias (HI6)
  • Diferentes perspectivas na Investigación sobre o Deporte: Xénero, Integración e Creatividade (H16)

Ergonomía

  • Equipo de enxeñería e deseño (EG2)
  • Equipo de repercusións orgánicas da actividade física (HI10)

Enfermidades dexenerativas (Alzheimer, ELA, Parkinson, demencias etc.)

  • Equipo da saúde pública e neuroloxía (MP1)

Autismo

  • Equipo de análise e intervención psicosocioeducativa 2 (CC1)

Lingua de signos

  • Equipo de lingua de signos e lingua española (HI4)
  • Equipo de Tecnoloxías Telemáticas (TC1)
  • Equipo de lingua de signos e Lingua Española (HI4)

Invidentes

  • Equipo de motricidade para todos (DE4)

Maiores e saúde

  • Equipo de Intervención Educativa na Actividade Física para a Promoción da Saúde HealthyFit (HI22)
  • Equipo de Bioenxeñería e Cronobioloxía (SC4)
  • Equipo de investigación en deporte e saúde (HI20)
  • Equipo da saúde pública e neuroloxía (MP1)
  • Equipo de investigación en actividade física e saúde (DE3)
  • Equipo de motricidade para todos (DE4)
  • Equipo de Economía Sociedade e Territorio ECOSOT (EA7)
  • Saúde, Sexualidade e Xénero

Envellecemento activo

  • Equipo de Bioenxeñería e cronobioloxía (SC4)
  • Equipo de Intervención Educativa na Actividade Física para a Promoción da Saúde HealthyFit (HI22)

Minorías étnicas, pobreza e exclusión social

  • Equipo de análise e intervención psicosocioeducativa 2 (CC1)
  • Equipo de Economía Sociedade e Territorio ECOSOT (EA7)
  • Equipo Dereito do Traballo e da Seguridade Social (DT1)
  • Colaboración e Innovación para a Equidade Educativa e Social (CIES-UVigo)

Prevención da violencia (xuvenil, maltrato). Mediación familiar

  • Equipo Psicoloxía Xurídica (PS1)
  • Saúde, Sexualidade e Xénero
  • Equipo de Dereito  Procesal (DL1)

Inmigrantes, menores, maiores, mulleres

  • Equipo de intervención educativa de colectivos en risco social (L10)
  • Diferentes Perspectivas na Investigación sobre o Deporte: Xénero, Integración e Creatividade (HI6)
  • Equipo de Economía Sociedade e Territorio ECOSOT (EA7)
  • Saúde, Sexualidade e Xénero
  • Dereito Penal (DP1)
  • Equipo Tradución & Paratradución (T&P) (TI4)Equipo de Dereito Civil (DC2/A)
  • Equipo de Avaliación de Políticas, Programas e Plans (L4)
  • Didácticas das Ciencias. Xénero, Teoría e Hª da Educación, do Pensamento e da Ciencia (DES)
  • Equipo de Teoría e Historia da Educación (TH1)
  • Equipo de Minorías e Cultura GLBT (ES4)

Accesibilidade das TIC en persoas con deficiencias, discapacidades, minusvalías. E-learning

  • Equipo de tecnoloxías da información e a comunicación en educación (DO1/B, TICEDU)
  • Equipo de tecnoloxías para a sociedade da Información (ET1/A)
  • Equipo de Psicoloxía Evolutiva da Educación (HI9)
  • Diferentes Perspectivas na Investigación sobre o Deporte: Xénero, Integración e Creatividade (HI6)
  • Equipo de Tecnoloxía da Información e Comunicacións (E-TIC) (ET1/B)

Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

  • Equipo de dereito do traballo e da seguridade social (DT1)
  • Desenvolvemento Estratéxico: Organización e Territorios G4+(OC1/A)
  • Equipo de Marketing- Vigo (I-MARK)
  • Contabilidade e auditoría  (EF9)
  • Equipo de Investigación  en Comunicación (CS1)
  • Equipo de Análise Económica (EA8/A)

Ética

  • Didáctica das ciencias. Xénero, teoría e historia da educación, do pensamento e da ciencia (DE5)
  • Equipo Tradución & Paratradución (T&P) (TI4)

Cooperación internacional

  • Equipo de Cooperación Xurídica Internacional (DI1)
  • Equipo de Economía Financeira 5 (EF5)
  • Desenvolvemento Estratéxico: Organización e Territorios G4+ (OC1/A)

Benestar

  • Equipo de Economía Sociedade e Territorio ECOSOT (EA7)
  • Group of Researchers in Empirical Economics- GRIEE (EA10)

Pegada ecolóxica

  • Equipo de economía aplicada (EA5)
  • MEDEA Iuris

Dependencia

  • Group of Researchers in Empirical Economics- GRIEE (EA10)
  • Equipo de Psicoloxía Xurídica (PS1)

Riscos laborais

  • Equipo de Dereito do Traballo e da Seguridade social (DT1)


Responsabilidade Social Universitaria

 

Compromiso social

Compromiso co medio ambiente

Compromiso coas persoas

 

Voluntariado e cooperación ao desenvolvemento

O valor que as persoas teñen para Universidade de Vigo tradúcese no seu compromiso coa acción solidaria orientada tanto á súa contorna máis próxima a través de proxectos de voluntariado como aos países en vías desenvolvemento coa posta en marcha de iniciativas destinadas á transferencia de coñecemento.

 

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal