Imaxe dun polo cunha casca na cabeza

Emprendemento

Un dos obxectivos da Universidade de Vigo é fomentar a cultura emprendedora da súa comunidade. Non se trata unicamente de educar o estudantado para crear empresas, senón que cómpre ensinarlle competencias emprendedoras que lle permita ter unha mellor versión de si mesmo. Con este fin, a través da Área de Emprego e Emprendemento, realizaranse distintas accións para favorecer o desenvolvemento persoal do alumnado e apoialo emocionalmente. Deste xeito, o estudantado disporá das ferramentas para poder madurar as súas ideas emprendedoras, crear novas realidades e poñelas ao servizo da sociedade.

O éxito de todas as accións de emprendemento desenvolvidas desde a Universidade de Vigo non se mide en función do número de empresas creadas polo estudantado, senón  polo número de persoas que puideron crecer tras o seu paso por algunha destas iniciativas. 

Coas letras que compoñen a sigla FACIL podemos resumir as cinco accións principais organizadas na actualidade na Universidade de Vigo:

  • Fomento das competencias emprendedoras
  • Asesoramento de iniciativas empresariais ao estudantado
  • Conexión da comunidade a través dunha rede de profesorado emprendedor
  • Innovación aberta xunto coas empresas
  • Lexitimación dos procesos de transferencia

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal

Linkedin