Selo Q
O selo de calidade (selo Q) é un símbolo propio da nosa universidade que recoñece os méritos na calidade en calquera dos seus ámbitos de traballo
O selo constitúe un medio institucional para promocionar e recoñecer as certificacións e acreditacións de calidade, sen importar o ámbito nin a súa orixe.
Trátase dunha iniciativa senlleira nas universidades españolas coa que pretendemos promover, identificar, harmonizar, recoñecer e divulgar as nosas actividades e os nosos resultados no eido da calidade.
A Comisión de Calidade concede este selo a proposta da Área de Calidade.
Facultades e escolas Q
Titulacións Q
Centros de investigación Q
Servizos Q
Laboratorios Q