Hábitos saudables

Actividade física

Practicar actividade física e ter un estilo de vida activo diminúe o estrés, a ansiedade, a depresión e mellora a saúde mental. A actividade física integrada na rutina diaria é unha ferramenta poderosa de promoción da saúde e da prevención e control das enfermidades como teñen demostrado numerosos estudos que indican que practicar un mínimo de treinta minutos de actividade física moderada cinco veces á semana reduce á metade o risco de padecer enfermidades derivadas do sedentarismo e a inactividade como as cardiovasculares, as circulatorias ou a diabetes tipo 2 ao tempo que axuda a controlar os niveis de colesterol, sobrepeso e obesidade.

Na Universidade de Vigo podes facer deporte nas instalacións da Área de Benestar, Saúde e Deporte, nos Centros Deportivos Universitarios de Ourense e Vigo (C.D.U.) así como nalgunha das súas numerosas entidades colaboradoras. Máis alá do exercicio físico de carácter máis organizado, podes levar un estilo de vida activo de moitos xeitos, como por exemplo: tenta facer o máximo número de desprazamentos a pé ou en bicicleta, fai reunións camiñando, toma o café noutro edificio do campus, aparca un pouco mais lonxe do teu lugar de traballo ou estudo, baixa unha parada antes do autobús, achégate ao campus en bici ou camiñando, aproveita os itinerarios naturais e a rede de camiños para coñecer os campus, sube as escaleiras en lugar de coller o ascensor ou as escaleiras mecánicas.

Alimentación

Seguir unha alimentación correcta é importante, non so para obter e conservar unha boa saúde, senón para conseguir un estado de benestar óptimo tanto físico como mental. A inxesta ten que cubrir as necesidades básicas individuais adaptadas á actividade física e ao traballo que desenvolvemos.

Prevención de adiccións

A Universidade de Vigo quere sensibilizar sobre os riscos das diferentes addiccións e ofrecer a súa axuda ás persoas da comunidade universitaria para que poidan xestionar as súas conductas de xeito responsable no ámbito académico, laboral e de ocio. Tamén ofrécese a deshabituación de drogas blandas, así como a derivación a centros de referencia cando sexa necesario.

Benestar emocional

Aprender a regular as propias emocións, xestionalas, canalizalas e positivalas forma parte da esencia da vida das persoas. Continuamente atribuimos significados afectivos e emocionais aos sucesos que nos rodean e aprender a enfrontar emocións desfavorables ou negativas e estimularnos coas emocións positivas son a clave para a construcción do noso benestar. 

Sexualidade afectiva

Propóñense diferentes actividades para fomentar a reflexión sobre a sexualidade e a afectividade das persoas así coma ferramentas que permitan desenvolver conductas sexuais saudables. Aproximámonos a conceptos básicos sobre sexualidade, conductas de risco, afectividade positiva, etc e infórmase sobre os recursos dispoñibles no campus e no seu entorno próximo.

Os contidos desta páxina xestiónaos