Programas de calidade
Os programas permiten orientar e organizar as actividades sobre calidade para un período de tempo determinado e dirixilas a un ámbito e a un propósito específico
Este propósito pode ser deseñar ou implantar un modelo de xestión, estandarizar métodos de traballo ou actividades, mellorar ou avaliar o funcionamento ou os resultados dun ámbito, dun colectivo ou dunha temática, ou certificar ou acreditar un modelo ou un ámbito de actividade en relación cun estándar.
Os seus resultados e as certificacións e acreditacións acadadas contribúen ao prestixio da universidade e á súa reputación e impacto.
Neste apartado poderás atopar a información sobre os programas de calidade que desenvolvemos e aplicamos.
Programas sectoriais
En función do eido predominante, aínda que non exclusivo, xa que todos están interrelacionados, os programas poden ordenarse en tres grandes áreas:
- Programas de Calidade na Xestión
- Programas de Calidade na Docencia/Formación
- Programas de Calidade na Investigación
A decisión de aplicalos e a súa orientación (planificación, duración, estrutura organizativa e de responsabilidades, recursos materiais, financeiros ou tecnolóxicos) tómanse en función da estratexia institucional e das esixencias das axencias de calidade, dos estándares de calidade nacionais ou internacionais e da lexislación.
Programas transversais
O noso sistema de queixas, suxestións e parabéns aplícase en todos os ámbitos da nosa universidade.
Esta caixa está aberta a que estudantes, persoal e cidadanía en xeral dispoñan dunha canle a través da que expoñer cuestións relacionadas coa calidade e a mellora do servizo público prestado polas unidades, polas oficinas e polos servizos.
Caixa de queixas, suxestións e parabéns
Máis información:
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Campus universitario
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal