banner superior da Universidade Europea ATHENA

Universidade Europea ATHENA

A Universidade de Vigo forma parte da Universidade Europea ATHENA, unha alianza de dez institucións de ensino superior e de investigación

Mapa das universidades socias de ATHENA

iniciativa Universidades Europeas forma parte do programa Erasmus+ 2021-2027 e nace co obxectivo de apoiar a 60 Universidades Europeas integradas por máis de 500 institucións de educación superior para mediados de 2024. 

A UVigo é unha das dez institucións universitarias que integran o consorcio Alliance for Advancing Technology through Higher Education and Novel Approaches (ATHENA PLUS), un dos proxectos pilotos de Universidades Europeas seleccionados pola Comisión Europea en 2020.

A alianza ATHENA conta adicionalmente coa participación doutras institucións de educación superior, redes, asociacións, empresas, cámaras de comercio, ONG, centros de investigación e asociacións de estudantes en calidade de asociados.

Na web do consorcio poderás coñecer as oportunidades que ATHENA lles ofrece a todas as persoas que forman a comunidade universitaria (estudantes, PDI e PTXAS) e moito máis!

Web de ATHENA

 

Trátase de alianzas transnacionais co obxectivo de liderar o camiño ás universidades do futuro, promovendo os valores e a identidade europeos e revolucionando a calidade e a competitividade da educación superior europea.

As alianzas inclúen socios de todo tipo de institucións de educación superior de diferentes áreas xeográficas en Europa, para ofrecer currículos centrados en cada estudante e impartidos conxuntamente en campus interuniversitarios, onde dispoñen de diferentes opcións de mobilidade. Todo isto, dende un enfoque de cooperación interdisciplinar para abordar os problemas da Europa de hoxe en día

Ao colaborar con aproximadamente 1300 socios, como organizacións non gubernamentais (ONG), empresas, cidades ou autoridades locais e rexionais, as Universidades Europeas poden aumentar substancialmente a calidade e o alcance da educación superior en Europa.

 

Máis información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin