Alberto Gago Rodríguez

 (2006-2010)

Toma de posesión do reitor Alberto Gago


Catedrático de Facenda Pública, Alberto Gago Rodríguez (Vilanova de Arousa, 1956) doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1983. Na Universidade de Vigo foi director do departamento de Economía Aplicada durante o período 1995-2000, vicerreitor de Planificación e Asuntos Económicos (2002-2006) e reitor (2006-2010). Noutros ámbitos, foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, do Consello de Cultura Galega, co Consello Científico do Instituto de Estudos Económicos de Galicia - Fundación Barrié de la Maza e presidente da Asociación Española de Economía Energética.

O seu traballo de investigación desenvolveuse nos campos da incidencia impositiva, a reforma fiscal e a fiscalidade enerxético-ambiental, publicando unha quincena de libros e máis de 70 artigos en revistas científicas. Como experto neste tema, participou no grupo de estudos de fiscalidade comparada do Ministerio de Economía y Hacienda, no equipo de Fiscalidad de la Energía y Desarrollo Energético, do Insituto de Estudios Fiscales e no grupo para a reforma fiscal, creado pola Fundación Iniciativas, que publicou o informe Una propuesta para la reforma fiscal en España.

Na actualidade é investigador principal e coordinador do grupo Rede, centrado na Economía Ambiental e da Innovación, con especializacións diversas en avaliación de impactos na contorna, deseño de instrumentos de política ambiental, imposición ambiental, reforma fiscal verde, mercados de permisos de emisión etc. Desde febreiro de 2016 é presidente do Comité Científico dos Encuentros de Economía Pública.