Orientación laboral
A busca de emprego resulta un traballo en si mesmo. Para optimizar tempos, recursos e esforzos é preciso contar co asesoramento adecuado. A orientación laboral é un servizo prestado pola Área de Emprego e Emprendemento para analizar o mercado laboral, definir o perfil profesional e trazar un itinerario de busca de emprego.
Servizo de orientación laboral para o estudantado e para as persoas egresadas

Es estudante ou egresado/a e gustaríache recibir axuda para planificar a túa busca de emprego?
Que te levarás da sesión?
- Avaliación do teu perfil profesional
- Análise do teu potencial para un determinado emprego
- Asesoramento na busca de emprego
- Coñecemento dos requisitos laborais demandados polo mercado
- Oportunidades laborais
- Ferramentas necesarias para a túa incorporación ao mercado laboral: consellos para a mellora do teu CV, asesoramento para a realización de entrevistas de selección (presenciais e virtuais), preparación da túa participación en feiras de emprego etc.
Se queres solicitar unha entrevista (virtual ou presencial) cunha das nosas técnicas de emprego, podes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo: orientacionlaboral@uvigo.gal
Obradoiros de orientación nos centros
Es representante dunha facultade ou dunha escola e gustaríache que o teu alumnado recibise algún obradoiro de mellora da empregabilidade ou de orientación laboral no teu centro?
Colaboramos coas distintas escolas e facultades no desenvolvemento do seu plan de acción titorial (PAT) impartindo distintos obradoiros para facilitar o acceso ao mercado laboral.
Entre os obradoiros máis demandados polo estudantado dos últimos cursos de grao e de mestrado destacan aqueles que proporcionan ferramentas sobre:
- Elaboración de CV e de cartas de presentación
- Preparación de entrevistas de selección
- Fomento do autoemprego
- Redes sociais ou creación da marca persoal
Xornadas de empregabilidade
Captación de talento na función pública
-
Posibilidades de emprego público en institucións da Unión Europea e apoio da Reper
4 de novembro de 2022, de 15.00 a 17.00 h -
Como enfrontarse a un proceso de selección e preparar unhas oposicións para traballar nas institucións europeas (EPSO)
11 de novembro de 2022, de 15.00 a 17.0 h - Convocatoria de prácticas nas instituciones europeas
18 de novembro de 2022, de 15.00 a 17.00 h
- Captación de talento no corpo nacional de funcionarios
25 novembro de 2022, de 12.00 a 14.00 h
Outras dinámicas de captación de talento
- Xornada: Saídas profesionais e programa de bolsas da OTAN
Obxectivos: proporcionar información sobre as oportunidades profesionais e o programa de bolsas da OTAN e pór en valor os servizos que lle ofrece esta organización á cidadanía.
Relator: Miguel Peco-Yeste, doutor en Seguridade Internacional e asesor de políticas e planificación da OTAN
Data: 11 de febreiro de 2022, de 12.00 a 13.00 h
Rexistro
Máis información
Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 037
orientacionlaboral@uvigo.gal