Protección e valorización de resultados

Froito dos traballos de I+D que o noso persoal investigador desenvolve, xorden resultados que necesitan ser postos en valor ou protexidos para poder ser aplicados no mercado. Estes resultados de investigación pertencen á Universidade, por ter sido desenvolvidos polo noso persoal no marco da relación laboral que este ten coa institución.

Coa finalidade de acurtar o camiño que vai dende o desenvolvemento destes resultados ata a súa aplicación no mercado, pode ser necesario, ademais de protexer, realizar diversos estudos, por exemplo os de patentabilidade ou de mercado,  para a súa valorización. 

Consulta a normativa e toda a información información sobre patentes, o noso escaparate de resultados e de empresas derivadas (Spin-Offs).

Os contidos desta páxina xestiónaos