Reserva de espazos institucionais para organizar eventos

A Universidade de Vigo convida a comunidade e as persoas externas á institución académica a reservar os espazos que precise nos edificios institucionais a través deste formulario.

Por esta vía xestionaranse, por exemplo, as reservas de espazos para rodaxes audiovisuais, actos, congresos, conferencias, cursos ou eventos de calquera índole.

A utilización de espazos por parte de institucións, organizacións e persoas particulares alleos á Universidade de Vigo regularase conforme á Normativa de cesión de espazos aprobada polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2017; a xestión dos espazos nas facultades e nas escolas tramitarase directamente coa dirección ou co decanato do centro.

No caso de precisar a participación das persoas que integran o equipo de goberno, cómpre dirixirse por correo electrónico á Secretaría do reitor: sreitor@uvigo.gal

Formulario

 

Vigo

Edificio Redeiras

  • Gradas
    28 persoas
  • Sala de roldas de prensa
    20 persoas
  • Aula 1
    40 persoas
  • Aula 2
    30 persoas
  • Sala de exposicións (terceiro andar)
    100 persoas

Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
Horario: de 9.00 a 21.00 h (do 26 de decembro de 2023 ao 5 de xaneiro de 2024: de 9.00 a 14.00 h; xullo e agosto: de 9.00 a 14.00 h)

 

Edificio Ernestina Otero do campus de Vigo

  • Paraninfo: 243 persoas
  • Sala Manolo Ramos: 48 persoas

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de 8.00 a 15.00 h

 

Edificio Miralles

  • Sala 1: 110 persoas
  • Sala 2: 20 persoas
  • Sala 4: 40 persoas

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de 8.00 a 19.00 h (do 26 de decembro de 2023 ao 5 de xaneiro de 2024: de 9.00 a 14.00 h)

 

Ourense

Edificio Politécnico do campus de Ourense

  • Salón de graos Vicente Risco: 40 persoas

As Lagoas, s/n
32004 Ourense
Horario: de 8.00 a 21.45 h (xullo e agosto: de 9 a 13.45 h)

 

Pontevedra

Casa das Campás

  • Sala de conferencias: 50 persoas

Casa das Campás
Rúa de Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
Horario: de 9.00 a 21.30 h (do 1 ao 23 de xullo de 9 a 19.00 h | do 24 de xullo ao 31 de agosto: de 9.00 a 14.00 h) 

 

Normativa de cesión de espazos

A utilización de espazos por parte de institucións, organizacións e persoas particulares alleos á Universidade de Vigo regularase conforme á Normativa de cesión de espazos aprobada polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2017.

A Xerencia autorizará o uso dos espazos coa conformidade previa da persoa responsable.

  1. A autorización quedará condicionada a circunstancias sobrevidas ou a outras necesidades que puidesen producirse con posterioridade á mesma, motivo polo cal a Universidade poderá revogar unilateralmente a autorización en calquera momento por razóns de interese público, sen xerar dereito a indemnización.
  2. Elaborarase un orzamento estimativo que lle será remitido á persoa solicitante pola Xerencia ou quen esta designe, ao correo electrónico indicado na petición, e que terá que ser aceptado ou rexeitado pola mesma vía. A facturación posterior poderá sufrir algunha variación con respecto ao orzado en función dos servizos efectivamente prestados ou requiridos.
  3. No caso de celebración de determinados actos públicos, poderase esixir ao peticionario que acredite a subscrición dun seguro de responsabilidade civil en previsión de que, durante o desenvolvemento daqueles, puidese producirse algún sinistro.
  4. Con carácter previo ao uso do espazo, a Universidade de Vigo poderá esixir ao peticionario a constitución dunha fianza que garanta a reserva, o seu aboamento, os gastos adicionais e posibles danos que estime que o uso puidese ocasionar.
  5. As cantidades orzadas pola utilización das instalacións, locais e/ou servizos, poderanse abonar con carácter previo ao uso, ou ben a posteriori, de acordo co que para cada caso determine a Universidade. 

Normativa e formulario


Tarifas

Ás empresas e ás institucións alleas á Universidade de Vigo que soliciten o uso dos devanditos espazos aplicaránselles as tarifas establecidas na páxina 156 do orzamento 2023 da institución académica de acordo coa súa respectiva capacidade. 

Os prezos incrementaranse co IVE correspondente e sufrirán un incremento do 25 % os días non lectivos.

  • < 100 prazas
    Día completo: 200 euros
    Medio día: 130 euros
  • > 100 e < 200 prazas
    Día completo: 250 euros
    Medio día: 162,50 euros
  • > 200 prazas
    Día completo: 300 euros
    Medio día: 195 euros

Orzamento 2023

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal