
Saúde e benestar
A Universidade de Vigo quere impulsar a saúde e o benestar da súa comunidade universitaria
Con este obxectivo existen diferentes iniciativas para favorecer a adquisición de hábitos saudables entre o seu persoal e o seu estudantado nos ámbitos da alimentación, a actividade física, a saúde psicosocial ou o medio ambiente.
Ademais, a comunidade universitaria ten a súa disposición diferentes servizos de saúde (servizo médico, consulta psicopedagóxica, fisioterapia, medicina deportiva...) para axudar a resolver os posibles problemas que poidan xurdir ao longo da súa estancia no campus.
A Universidade de Vigo forma parte da Rede Española de Universidades Promotoras de Saúde (REUPS) dende o ano 2009 e adquire un compromiso de cara á protección e o desenvolvemento da saúde e o benestar da súa comunidade universitaria.
Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es