Programas específicos de prácticas

Ademais dos programas de prácticas académicas externas xestionadas polos centros aos que pertencen as distintas titulacións (no caso de prácticas curriculares) ou pola Fundación da Universidade de Vigo (no caso das extracurriculares), a Área de Emprego e Emprendemento coordina as prácticas doutros programas impulsados, na maioría dos casos, por entidades externas colaboradoras.
 
 

  • Persoas destinatarias: estudantado de calquera titulación
  • Obxectivo: fomentar a vinculación entre a xente nova cos espazos rurais, xerando novas formas de arraigamento e vencellamento, que impulsen a actividade e creen oportunidades de emprego no territorio e impulsen o talento local
  • Réxime de concorrencia: competitiva
  • Modalidade: curriculares ou extracurriculares (remuneradas)
  • Destino: empresas, entidades do terceiro sector e outras institucións públicas e privadas en poboacións de menos de 5000 habitantes.
  • Promoven: Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Ministerio de Universidades
  • Máis información


Fase 2: solicitudes do estudantado

O estudantado poderá solicitar as prácticas do seu interese do 20 de abril ao 3 de maio de 2022.


Convocatoria para o estudantado


Fase 1: oferta de entidades

De seguido pódense consultar as prácticas ofertadas polas distintas entidades colaboradoras organizadas por ámbito:

 

Convocatoria para as entidades (pechada)

 

Convocatoria de prácticas Campus Rural

 Prácticas Fundación ONCE-CRUE

  • Persoas destinatarias: alumnado universitario con discapacidade
  • Obxectivo: promover a mellora da empregabilidade do colectivo destinatario e do seu futuro profesional
  • Réxime de concorrencia: competitiva
  • Modalidade: curriculares ou extracurriculares
  • Destino: grandes empresas, pemes, microempresas, empresas de economía social, entidades do terceiro sector e outras institucións públicas e privadas.
  • Promoven: Fundación ONCE e Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e Vicerreitoría de Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.

Convocatoria

Programa de bolsas prácticas Fundación Once-Crue

  • Persoas destinatarias: persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual matriculadas no programa universitario para o emprego e a vida autónoma
  • Obxectivo: dotar o estudantado con diversidade intelectual de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadáns activos
  • Réxime de concorrencia: non competitiva
  • Modalidade: curriculares 
  • Destinos das prácticas: empresas
  • Promoven: Fundación ONCE, Asociación Down, Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e FSE.

Saber máis

Prñacticas do programa universitario para o emprego e a vida autónoma

 

  •  Persoas destinatarias: persoas con discapacidade intelectual, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos, e inscritas no Curso de capacitación no ámbito do emprego con apoio
  • Obxectivo: formar a mocidade con discapacidade intelectual para que sexa capaces de desenvolverse en diferentes contextos sociais e laborais de cara a lograr a súa progresiva integración no mercado laboral e acadar así graos de autonomía e independencia persoal
  • Réxime de concorrencia: competitiva
  • Modalidade: non académicas 
  • Destino: dependencias universitarias no campus de Ourense
  • Promove: Vicerreitoría do Campus de Ourense 

Máis información

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.gal