Trámites de xestión económica

Se es investigador ou investigadora profesional dun proxecto de investigación ou dirixes un curso, debes dirixirte á persoa administradora do teu ámbito ou campus, que che explicará os procedementos e fará todos os trámites necesarios. Se non estás incluído ou incluída no punto anterior, debes dirixirte ao Servizo Administrativo correspondente, para que che indiquen como proceder.

Antes de solicitar un aval, hai que ter en conta o seguinte:

  • Tanto o aval como o certificado de solvencia económica supoñen un gasto para a Universidade. No caso dos avais, o montante está en función da cantidade que haxa que avalar. No caso do certificado de solvencia hai que negocialo coa empresa de auditoría que o emita.
  • É necesario ter o conforme do Servizo/Centro correspondente, no referente á viabilidade do proxecto.
  • A solicitude dun aval ou dun informe de solvencia debe realizarse de forma centralizada a través da Vicexerencia de Asuntos Económicos e Xerais.
  • Para atender os gastos que ocasiona o aval ou o certificado de solvencia é necesario acompañar a solicitude dun documento RC con cargo á aplicación orzamentaria que soportará os gastos por importe do 0,5% do importe do aval (importe mínimo 80€) ou co importe do orzamento facilitado pola firma auditora no caso dun informe de solvencia.
  • Se o aval vai estar vixente durante varios exercicios orzamentarios, deberán acompañarse os documentos plurianuais correspondentes para cada un dos exercicios de vixencia.
  • No caso de competicións deportivas ou accións repetitivas que necesiten un aval anual, non se procederá á solicitude dun novo aval en tanto non se presente, para a súa cancelación, o concedido no exercicio anterior.

  • As fichas de inventario dos bens mobles  cubriranse mediante o programa informático XestiConta, unha vez recoñecida a obrigación correspondente aos bens a inventariar.
  • Todos e cada un dos espazos dun edificio da Universidade de Vigo deben estar identificados e etiquetados, conforme aos criterios:
    • Consiste na etiquetaxe de todos e cada un dos espazos do edificio, por exemplo: os despachos, os laboratorios etc. Cada espazo debe levar unha etiqueta que o identifique.
    • O persoal de administración e servizos de cada un dos centros colocará as etiquetas no marco das portas, no lado do gonzo (bisagra), e de forma lexible ao entrar no espazo inventariado. Como norma xeral, colocaranse canto máis altas mellor e de xeito vertical.
    • Para realizar esta actividade contarase co apoio da Dirección Técnica de Obras, Instalacións e Infraestruturas, responsable do mantemento da planimetría dos centros da Universidade de Vigo.
  • Todos e cada un dos bens mobles inventariables deben estar identificados e etiquetados, conforme aos seguintes criterios:
    • Armarios: colocaranse na súa parte interior, no lado dereito segundo se abre a porta, se é que a ten.

    • Mesas: situaranse no taboleiro pola parte inferior esquerda segundo se ve de fronte. A etiqueta porase en sentido horizontal e co escudo á dereita para que se lea ao mirala.

    • Cadeiras: pola parte inferior dereita segundo se sitúa o usuario/a. Se a superficie é de plástico e a etiqueta non adhire ben, porase nalgunha parte metálica, se a houbese, pero sempre no lado dereito.

    • Mobles con gabetas (gabeteiros) con rodas: colocarase sempre no lateral dereito superior mirándoa de fronte e en sentido horizontal.

    • Arquivadores: no lateral dereito superior mirándoos de fronte. Se non fose posible por estar xuntos varios, colocarase na fronte superior dereita, en sentido horizontal.

    • Resto do mobiliario: sempre no lado dereito superior e de xeito horizontal.

    • Equipos informáticos: na parte dereita lateral e, no caso de ser imposible, na parte superior dereita. A colocación será sempre horizontal.

    • Maquinaria de oficina: pola parte dereita lateral e no seu defecto na parte superior dereita. A colocación será horizontal.

    • Maquinaria en xeral: parte dereita lateral ou no seu defecto na parte superior dereita e de xeito sempre horizontal.

    • Equipos de laboratorio: seguirase o criterio de etiquetaxe no lado dereito superior sempre que sexa posible. De non ser así intentarase achegar o máis posible a este lugar. A colocación será horizontal.

  • Para as modificacións relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo III
  • Para as altas relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo IV
  • Para tramitar as baixas relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo V
  • Para as altas de novos espazos na Universidade de Vigo deberá cubrirse o formulario de solicitude de nova localización.