Servizos de saúde

A Universidade de Vigo conta con varios servizos de saúde á disposición das persoas da comunidade universitaria que así o demanden:

Centro médico

O campus de Vigo conta cun centro médico no Edificio Filomena Dato. Nel aténdense os recoñecementos do persoal da universidade, coordínase toda a actividade de vixilancia da saúde e préstase atención de urxencia gratuíta a calquera persoa da comunidade universitaria que o poida necesitar. Está aberto de luns a venres, das 8.00 ás 20.30 horas, excepto nos periodos de xornada reducida.

 

Máis información:

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 451
smuvigo@cualtis.com