Formación permanente

 

Títulos propios da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo ofrece un catálogo de títulos propios orientados á especialización académica ou profesional en diferentes ámbitos de coñecemento. Estes estudos achegan novas competencias ao estudantado e facilitan a súa inserción laboral e o emprendemento.

Os requisitos de admisión dependen das características de cada curso pero, tanto o estudantado coma as persoas tituladas poden acceder a diferentes formacións que lles permiten obter títulos ou diplomas emitidos pola Universidade de Vigo.
 

Ver títulos propios

 

Máis información:

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 293
eafp@uvigo.gal