O goberno da UVigo

 

O réxime de goberno da Universidade de Vigo fundaméntase no principio de representación de todos os sectores da comunidade universitaria nos seus órganos colexiados, así como no de designación por elección das persoas que van ocupar os cargos académicos, agás as excepcións establecidas explicitamente nos seus estatutos. 

No cumio da estrutura do goberno da Universidade de Vigo, a reitoría, como órgano unipersoal de máxima autoridade, exerce a representación de toda a universidade. Acompaña este órgano, un equipo de goberno formado por 10 vicerreitorías e unha secretaría xeral. As diferentes vicerreitorías constitúen órganos unipersoais de xestión de goberno e representación en diferentes áreas.