Certificados ISO
Estas certificacións son un instrumento recoñecido internacionalmente que permiten demostrar a nosa capacidade para responder aos estándares internacionais de xestión elaborados pola Organización Internacional de Estandarización (ISO), ás expectativas dos nosos grupos de interese e ás esixencias legais e normativas, que reforzan a nosa credibilidade.
Certificados
Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI)1.21 MB Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX)254.74 KB Laboratorio de Microbioloxía (Facultade de Ciencias)504.1 KB Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)360.54 KB Biblioteca Universitaria396.53 KB Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat)1.4 MB
Certificacións do sistema de xestión medioambiental ISO 14001
Demostran a nosa capacidade para xestionar os aspectos ambientais de cada unha das actividades que desenvolvemos, para promover a protección ambiental e a prevención da contaminación.
Acreditacións de calidade nos laboratorios de ensaio e calibración ISO/IEC 17025
Demostran a competencia técnica dos nosos laboratorios e garanten a fiabilidade nos resultados dos ensaios e das calibracións.

Máis información:
Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal




