Escolas infantís
A escola infantil é un servizo da Universidade de Vigo dirixido fundamentalmente ás crianzas menores de 3 anos, dos membros da comunidade universitaria, considerándose como tales: o persoal docente e investigador, o persoal de investigación ou persoas contratadas con cargo a proxectos ou convenios, o persoal de administración e servizos e o alumnado universitario matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo.
Ourense
A escola infantil Concepción Saiz Otero, instalada no campus de Ourense, ten coma obxectivo fundamental favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
No caso de que a oferta do servizo non se cubra coa demanda de persoas da comunidade poden optar primeiro, outros familiares dos membros da comunidade universitaria: netos e sobriños de persoal traballador en activo ou xubilado da Universidade de Vigo e segundo, as crianzas de persoas que residan ou traballen na cidade de Ourense.
Consiste na estancia de nenas e nenos de 0 a 3 anos, durante o horario establecido, así como a atención educativa axeitada ás crianzas desa idade, conforme á normativa aplicable. Os servizos complementarios da escola infantil son o de acollida ou permanencia e comedor e que son exclusivamente para as persoas usuarias da escola infantil. Son de prestación obrigatoria polo adxudicatario ou pola adxudicataria, e de uso opcional polas familias.
A escola infantil conta cunhas modernas instalacións necesarias para garantir a seguridade e o desempeño dunha axeitada labor educativa das máis pequenas e pequenos.
Características
- 41 prazas
- Unha aula para nenas e nenos ata o 1 ano de idade con capacidade para 8 prazas, que dispón de zonas de descanso, de cambio e de preparación de alimentos claramente diferenciadas
- Unha aula de 1 a 2 anos, con zona de aseo diferenciada, e con capacidade ata 13 prazas
- Unha aula de 2 a 3 anos, con zona de aseo diferenciada, e con capacidade ata 20 prazas
- Unha sala de usos múltiples (desenvolvemos actividades de psicomotricidade, talleres, comedor, recepción de nenos e nenas etc.)
- Zona de recepción, entrega e recollida de nenas e nenos
- Cociña
- Dous patios exteriores de xogo
- Despacho de dirección
- Baño e vestiario de persoal
Contacto:
Bibiana González Sande |Campus as Lagoas | +34 988 613 063 | bibisande@gmail.com
Pontevedra
A Escola Infantil A Xunqueira supuxo a posta en marcha deste primeiro servizo na Universidade de Vigo e deu resposta a unha necesidade cada vez máis estendida non só na comunidade universitaria, senón tamén na sociedade. Supuxo ademais un primeiro punto do camiño na prestación de servizos para o persoal traballador e para o alumnado, facilitando que poidan ter as criazas no propio campus.
Características
- 51 prazas
- 4 aulas
- Unha aula para crianzas de 0 a 1 anos, con 7 prazas máis unha de emerxencia. Dispón de zona de descanso e zona de cambio e preparación de alimentos
- Dúas aulas para crianzas de 1 a 2 anos con zona de aseo e con capacidade cada unha para 13 prazas, contando tamén cunha praza de emerxencia
- Unha aula para crianzas de 2a 3 anos con zona de descanso e capacidade para 19 prazas e unha de emerxencia
- Unha sala de usos múltiples onde se fai a primeira recollida da mañá e que tamén serve para o desenvolvemento de psicomotricidade, obradoiros e talleres, e a partir das 12.00 horas como servizo de comedor
- Cociña
- Un patio grande exterior de xogo
- Despacho de dirección
- Sala de xuntanzas do persoal educativo
- Un servizo público na entrada
Contacto:
Campus Universitario da Xunqueira | +34 986 80 20 70