UVigo TV
A Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC), nacida en 2004, ofrece hoxe un amplo conxunto de servizos multimedia sobre internet especialmente deseñados para cubrir as necesidades do persoal investigador, o profesorado e o alumnado da UVigo, poñendo a dispor das persoas usuarias contidos de carácter educativo e institucional. Podemos diferenciar tres grandes áreas de servizos na UVigo-TV.
Vídeo baixo demanda/Televisión por internet
Rexistramos e transmitimos en directo congresos, conferencias, clases universitarias, defensas de teses e eventos culturais ou deportivos. Contamos con múltiples equipos móbiles de gravación, doce aulas equipadas para o rexistro audiovisual automatizado de clases e un estudo para a produción de contidos educativos. Con máis de 13 mil horas de vídeo educativo e científico, dispoñemos dun dos maiores repositorios deste tipo no mundo en galego e castelán.
Todos os vídeos de interese científico e educativo están dispoñibles na videoteca dixital de UVigo-TV.
e tamén na do Campus do Mar TV.
Colaboración audiovisual e videoconferencia
Os servizos de videoconferencia e colaboración audiovisual permiten organizar reunións de investigadores e investigadoras, exames e titorías co alumnado ou traballar conxuntamente nun documento mentres se conversa. Todo sen necesidade de viaxar e tanto dende unha sala de videoconferencia nun campus ou dende o propio PC nun hotel ou no domicilio.
Dispoñemos de 35 salas de videoconferencia de diferentes tipos dende as que se levan a cabo unha media superior ás 2000 horas de conexión ao ano.
Plataforma de cursos MOOC
MOOC (Massive Online Open Courses) é unha plataforma para a creación de cursos abertos e masivos en internet baseados en contidos audiovisuais en liña. A través da plataforma e grazas ás tecnoloxías de E-Learning audiovisual que implementamos, o coñecemento pode chegar ao público máis amplo posible de maneira aberta e gratuíta cos cursos formativos que ofrecemos.
MOOC despregouse co proxecto Campus do Mar e baséase na tecnoloxía OpenEdX desenvolvida por Harvard e o MIT.
Máis información:
UVigo TV
Local A3A, Centro Comercial da Cidade Universitaria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 937
tv@uvigo.es