Servizos bibliotecarios
Ademais dos recursos de información dispoñibles, a Biblioteca Universitaria ofrece unha serie de servizos e instalacións para facilitar o uso deses recursos, así como as tarefas de aprendizaxe, docencia e investigación.
Adquisición de bibliografía
Desexas solicitar a compra dun libro ou outro material para a biblioteca ou pedir a subscrición dunha revista ou una base de datos?
- Persoal docente e investigador (PDI)
As solicitudes de adquisicións bibliográficas polo PDI deberán facerse a través do formulario de solicitude de bibliografía de investigación. Con todo, antes de realizar unha solicitude de adquisición debe terse en conta que o uso deste formulario está restrinxido ao PDI da Universidade de Vigo e que antes de facer calquera solicitude cómpre consultar o catálogo en liña da biblioteca e o buscador de libros-e para evitar duplicidades.
Verbo das solicitudes de bibliografía con cargo a orzamentos de proxectos de investigación, de programas de doutoramento ou de orzamentos propios dos Departamentos, hai que ter en conta que:
- Nas solicitudes con cargo a proxectos de investigación é imprescindible indicar o nome oficial do proxecto e o nome do director/a ou o investigador/a principal.
- Nas solicitudes con cargo aos programas de doutoramento debe indicarse o título do programa e o nome completo do coordinador/a.
- Nas solicitudes con cargo ao Departamento cómpre indicar o nome completo do Departamento.
Para solicitar a adquisición de obras de bibliografía recomendada recollidas nas guías docentes das materias dos estudos impartidos la UVigo, cómpre facelo por medio do formulario de solicitude de bibliografía recomendada.
- Estudantado e PAS
O estudantado e o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Vigo poden suxerir novas adquisicións a través da caixa de suxestións do catálogo da Biblioteca. Neste caso, para evitar duplicidades, hai que comprobar primeiro no catálogo en liña da biblioteca e no buscador de libros-e se a obra xa se atopa nalgunha das bibliotecas da Universidade .
Non esquezas deixar os teus datos (enderezo electrónico, teléfono ...) se queres recibir información sobre a túa suxestión.
Seguimento do pedido: en promedio un libro publicado en España tarda de unha a tres semanas en chegar, mentres que un libro estranxeiro entre tres semanas e dous meses. En ambos os dous casos o prazo de entrega depende da dispoñibilidade, distribución, antigüidade, etc. do título solicitado. O catálogo da biblioteca é a mellor ferramenta para facer o seguimento dun libro dende que se pide. Empregando os diferentes tipos de busca (título, autor, materia, etc.) pódese saber en que situación se atopa o libro. Outra ferramenta para saber que libros chegaron é o apartado Novas adquisicións do catálogo, onde se atopan todas as obras ingresadas na Biblioteca Universitaria no último mes.
O persoal da Sección de Adquisicións está á súa disposición para calquera información ou aclaración sobre novidades, provedores, prezos, estado dos pedidos etc.
Contacto campus Vigo: Ana Quiroga Fraga | xsadqui@uvigo.gal | 986 813 846
Contacto campus Ourense: Gloria Araújo Poutas | subdrbco@uvigo.gal | 988 387 285
Contacto campus Pontevedra: Marta Gutiérrez Valerio | xareabcp@uvigo.gal | 986 802 049
Bibliometría
Analizamos a produción científica dos membros da Universidade de Vigo e elaboramos estudos e informes bibliométricos. Tamén asesoramos ao persoal investigador en materia de publicación e difusión científica.
Impacto: boletín de información bibliométrica
Contacto: Sonsoles Pousa Torres | bibliometria@uvigo.gal | 986 130 236
Formación
Impartimos cursos e obradoiros para que mellores as túas competencias no acceso, avaliación, xestión e uso da información. A nosa oferta abrangue todos os niveis: alumnado de grao, posgrao e persoal docente e investigador, na modalidade presencial, virtual e semipresencial.
Contacto: referencia@uvigo.gal | 986 813 843
Fotocopiadoras e escáneres
Dispós de máquinas fotocopiadoras de autoservizo e de escáneres para a reprodución parcial de obras con fins educativos e de investigación, e respectando sempre as condicións que establece a Lei de propiedade intelectual.
Consuta a nosa guía de propiedade intelectual
Guías e titoriais
Ofrecémosche unha selección de recursos por materias que che orientarán á hora de buscar a información que precises amais de guías e titoriais para a autoformación.
Préstamo
Servizo para obter en préstamo os libros e outros materiais da biblioteca que inclúe a posibilidade de reservalos e renovalos.
Condicións de préstamo
- Estudantado de grao da UVigo e centros adscritos: 5 obras, 14 días, 2 renovacións
- PDI da UVigo e centros adscritos, e profesorado visitante: 40 obras durante tempo indefinido ou ata a data final do contrato
- Estudantado de posgrao da UVigo e centros adscritos, persoas en período de elaboración de tese ou TFG: 10 obras, 30 días, 5 renovacións
- Contratados de investigación: 40 obras, 120 días (ou ata a data final do contrato), 2 renovacións
- PAS da UVigo: 5 obras, 14 días, 5 renovacións
- Externos autorizados: 2 obras, 7 días, 2 renovacións
- Servizos de goberno e xestión da UVigo: número ilimitado de obras durante 1 ano, renovables
- Proxectos de investigación: número ilimitado de obras, tempo indefinido, responsable o titular do proxecto
- Laboratorios: manuais, número ilimitado de obras, tempo indefinido, a cargo do responsable do laboratorio
Consulta a normativa de préstamo
Para poder solicitar o carné de usuario/a externo/a, a persoa interesada debe ser maior de idade no momento da solicitude e acreditar a súa identidade mediante DNI ou documento equivalente.
Deberá cubrir un formulario de solicitude que lle proporcionarán nos mostradores de préstamo das bibliotecas Central de Pontevedra, Central de Ourense, Central de Vigo e Torrecedeira. No formulario, ademais de nome e apelidos, número de DNI (ou documento equivalente) e enderezo, deberá facilitar unha dirección de correo-e e un número de teléfono para os efectos de contacto e comunicacións. Corresponde á persoa solicitante asegurar a veracidade de todos estes datos e informacións, así como o compromiso de comunicar, o máis axiña posible, calquera cambio que se producise neles.
Contacto: xscirc@uvigo.gal | 986 813 845
Préstamo interbibliotecario
Os servizos de préstamo interbibliotecario e acceso ao documento permítenlles aos membros da comunidade universitaria e demais persoas autorizadas, conseguir libros e documentos que non se atopan nas nosas coleccións. Do mesmo xeito proporcionan documentos existentes na Biblioteca Universitaria a outras bibliotecas e institucións alleas á Universidade de Vigo.
Antes de solicitar un documento en préstamo interbibliotecario comprobe que non estea nos nosos fondos. Para iso consulte o catálogo da Biblioteca ou os buscadores de revistas e libros electrónicos. Se non está, pode realizar a súa solicitude.
Contacto: sod@uvigo.gal | 986 813 844
Publicar en acceso aberto
A Biblioteca Universitaria mantén acordos con varias editoriais académicas para publicar en acceso aberto (OA) con descontos ou con financiamento nas tarifas de publicación destes artigos.
Para quen?
- Autoras e autores da Universidade de Vigo
Para que?
- Ter máis visibilidade e máis impacto.
- Conservar os dereitos sobre as obras.
- Publicar sen custo os artigos en acceso aberto.
- Cumprir os requirimentos das axencias de financiamento.
Como?
Podes consultar os acordos acadados pola Universidade de Vigo nas guías da Biblioteca Universitaria.
Descontos
10 %
Precisas axuda?
A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que se debe seguir.
As consultas pódense realizar por correo electrónico a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal
Máis información
- Guía do acceso aberto
- Acordos transformativos para publicar en acceso aberto
- Descontos para publicar en aberto na Universidade de Vigo (infografía)
Refworks
Administrador persoal de referencias bibliográficas en liña que facilita a recompilación de información e a creación automática das citas e das bibliografías nos traballos académicos nun estilo normalizado (APA, MLA etc.)
Salas de traballo en grupo
Algunhas bibliotecas ofrecen salas habilitadas para o traballo en equipo que podes reservar se pertences á comunidade universitaria: biblioteca de Ciencias Experimentais (campus Vigo), biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais (campus Vigo), biblioteca de Industriais-Minas (campus Vigo) e Biblioteca de Telecomunicación (campus Vigo). Na biblioteca central do campus de Ourense existe tamén unha sala de traballo en grupo con 60 postos para a que non é necesario reservar.
Conéctate
Conéctate á Biblioteca desde fóra da universidade e accede a todos os recursos e servizos.
Consulta a nosa Carta de Servizos