Eleccións ás xuntas de centro

A xunta de escola e de facultade, presidida pola persoa decana ou directora, é o órgano de goberno do centro

A súa composición renóvase cada dous anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. 
Ademais de pola persoa decana ou directora, a xunta está composta polo seguinte conxunto de membros adscritos ao centro: 

  • O equipo decanal ou directivo. 
  • Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da xunta de centro.
  • Unha representación do persoal docente e investigador sen vinculación permanente á Universidade, que corresponderá ao 9% da xunta de centro.
  • Persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo, polo menos o 80% da xunta de centro. 
  • Representación do alumnado, que compoñen o 30% da xunta de centro.
  • Representación do persoal de administración e servizos, que forman o 10% da xunta de centro.