
Empregabilidade
Traballamos co obxectivo de facilitar que as persoas tituladas afronten o seu futuro profesional con maiores garantías de éxito
A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión, dependente da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, que ten como obxectivo fundamental impulsar, en colaboración con empresas, administracións e outras institucións, a empregabilidade do alumnado e persoas tituladas da Universidade de Vigo para facilitar a súa inserción profesional.
Ademais dos coñecementos específicos e técnicos de cada titulación, cómpre que o alumnado complemente a súa formación adquirindo habilidades que lle permitan incorporarse ao mundo laboral da forma máis efectiva.
O circuíto de actividades gratuítas incluídas no pasaporte de empregabilidade ofrece unha ampla formación, ferramentas e técnicas que permiten mellorar as habilidade do alumnado e das persoas recén tituladas cara a busca de emprego e conta co recoñecemento de ata 6 ECTS na titulación correspondente!