
Internacional
No contexto global no que nos atopamos na actualidade, é positivo participar en redes internacionais, consorcios estratéxicos, alianzas de coñecemento, programas de mobilidade nacionais ou internacionais que permitan que o noso estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servicios interactúe con persoas de diferentes culturas e que deste xeito adquiran a capacidade necesaria para saír da zona de confort, aprender a competir con ética e obter ou mellorar as habilidades necesarias para superar retos.
Tal e como se promove desde Europa baixo o paraugas do Programa Erasmus+, “a educación, a formación, a mocidade e o deporte son ámbitos fundamentais que contribúen ao desenvolvemento persoal e profesional dos cidadáns. En definitiva, unha educación e formación de alta gran calidade e inclusivas, así como a aprendizaxe informal e non formal, equipan aos participantes de tódalas idades coas cualificacións e capacidades necesarias para unha participación significativa nunha sociedade democrática, entendendo a interculturalidade e a xestión con éxito das transicións no mercado laboral”.
"Pasar tempo noutro país para estudar, aprender e traballar debería ser a norma, ao tempo que ofrece a todos a oportunidade de aprender dúas linguas máis que a súa propia lingua materna".
A realización de estudos e prácticas no estranxeiro non só serve para mellorar o currículo, senón que ofrece tamén unha serie de vantaxes adicionais como aprender unha segunda lingua, coñecer unha cultura diferente, gozar de experiencias enriquecedoras, adquirir independencia, obter unha visión única doutra cultura, adquirir experiencia laboral internacional, crear unha rede persoal e profesional internacional, buscar futuras oportunidades profesionais internacionais e mesmo desenvolver diferentes tipos de habilidades. Considérase unha experiencia de vida.
Por iso, dende a Universidade de Vigo e grazas aos convenios de colaboración e programas de mobilidade establecidos dentro e fóra de Europa, promovemos a mobilidade educativa e formativa da nosa comunidade (estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos) así como a cooperación, a inclusión e a equidade de tódolos membros.