En que podemos axudar?

A Universidade de Vigo conta con diferentes programas e ferramentas para acadar a plena integración na vida universitaria do alumnado e do persoal con necesidades especiais

Entre os programas máis relevantes destaca o Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Especiais (PIUNE). Este programa ten por obxectivo apoiar ás persoas da comunidade universitaria con algún tipo de discapacidade ou trastorno de aprendizaxe legalmente recoñecido e a través del estas persoas poderán recibir:

  • Atención, acollida e asesoramento polo Servizo de Extensión Universitaria en coordinación co gabinete psicopedagóxico da universidade.
  • Soporte ao estudo (adaptacións curriculares, recursos técnicos de apoio...).
  • Acompañamento en actividades diversas polo persoal voluntario da UVigo.

Para formar parte do Programa PIUNE, só tes que cubrir o IMPRESO PIUNE e remitila, ben a través da Secretaría de Alumnado do teu centro ou por correo postal ás Áreas de Servizos á Comunidade do campus de Ourense e Pontevedra ou á Sección de Extención Universitaria no caso do campus de Vigo.

As persoas con algunha outra circunstancia que precisen dunha atención especializada tamén poderán acollerse ao programa PIUNE, nestes casos levarase a cabo previamente unha valoración por parte de técnicos especializados que determinarán a súa inclusión ou non no devandito programa. Por outra parte, tamén teñen a opción de recorrer a outras ferramentas das que dispón a Universidade de Vigo como os plans de accion titorial de cada centro ou o gabinete psicopedagóxico. 

Regulamento_atencion á diversidade_Uvigo.pdf232.13 KB

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es